Carme (ou en grego Κάρμη) é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta o 30 de xullo de 1938 por Seth Barnes Nicholson no Observatorio do Monte Wilson, California. Recibiría o nome da Carme mitolóxica, nai (xunto con Zeus) da deusa cretense Britomartis.

Carme non recibiría o seu nome oficial ata 1975,IAUC 2846: Satellites of Jupiter 1974 October 7 (bautizando a lúa) antes disto era coñecida sinxelamente coma . Foi chamada ás veces "Pan" entre os anos 1955 a 1975 (Pan é actualmente o nome dunha das lúas de Saturno).

Esta lúa dálle o seu nome a un grupo de satélites, o grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de quilómetros, con inclinacións duns 165°. Os seus elementos orbitais foron tomados en xaneiro do ano 2000. Pero estes parámetros están en continuo cambio debido as perturbacións solares e do propio planeta Xúpiter sobre a órbita de Carme.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter

Ligazóns externas Carme Profileby NASA's Solar System Exploration David Jewitt pages Jupiter's Known Satellites (by Scott S. Sheppard)

Categoría:Lúas de Xúpiter