Jennifer Love Hewitt, nada en Waco (Texas) o 21 de febreiro de 1979, é unha actriz, produtora de cine e televisión e cantante estadounidense.
Traxectoria Hewitt comezou a actuar de nena, aparecendo en anuncios de televisión e na serie de Disney Channel Kids Incorporated. Fíxose famoso na cultura popular adolescente polos seus papeis na serie da Fox Party of Five, como Sarah Reeves, e no filme I Know What You Did Last Summer e a súa secuela, dando vida a Julie James.
Como cantante, Hewitt asinou contratos con Atlantic Records e Jive Records."Jennifer Love Hewitt on MSN music" . music.msn.com. Consultado o 14 de novembro de 2010, o seu sinxelo máis exitoso no Billboard Hot 100 foi "How Do I Deal" de 1999, que chegou ao posto 59."I Still Know What You Did Last Summer". allmusic.com. Consultado o 14 de novembro de 2010.
Hewitt tamén foi produtora dalgúns dos seus filmes e proxectos de televisión"Jennifer Love Hewitt Credits" . tvguide.com. Consultado o 14 de novembro de 2010 En 2010, Hewitt escribiu un libro de autoaxuda dedicado ás relacións sentimentais The Day I Shot Cupid. A súa interpretación de Melinda Gordon na serie da CBS Ghost Whisperer recibiu un Premio Saturn en 2007 e 2008 á mellor actriz de televisión.
Considerada unha das mulleres máis atractivas pola revista Maxim, que a declarou a muller máis sexy do mundo en 1999'Maxim' magazine. amazon.com. Novembro 1999. Consultado o 2 de outubro de 2008 e a máis sexy da televisión en 2008 segundo TV Guide."TV's Sexiest Stars" . tvguide.com, 3 de maio de 2008. Consultado o 14 de novembro de 2010 goza de considerable atención nos medios de comunicación.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de Texas Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de televisión Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Waco, Texas Categoría:Nados en 1979 Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa