O longueirón vello, Solen marginatus, é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos solénidos.

Características Ten unha cuncha alongada, recta, fráxil, coas valvas simétricas, de perióstraco delgado de cor amarela acastañada,Rolán e Otero (1996), p. 238. de forma case cilíndrica e aberta polos extremos; presenta un suco profundo cerca da marxe anterior, con dúas series de estrías.

Ten unha lonxitude máxima de 15 cm, aínda que moitas veces non pasa dos 10 ou 11 cm.

Distribución

Vive en praias de areas un pouco lamacentas da zona infralitoral.

É unha especie moi común nos océano Atlántico nororiental, desde Noruega até o norte de África (até Mauritania), pasando polo mar do Norte, o canal da Mancha, golfo de Biscaia, Cantábrico e as costas da atlánticas da Península Ibérica (entre elas as galegas), e no Mediterráneo, até o mar Negro.Solen marginatus Pulteney, 1799 no WoRMS.

Bioloxía miniatura|120px|Lámina de 1859. Co número 14, Solen marginatus.

Os sexos están separados, e é unha especie ovípara. Aliméntase de fitoplancton e de partículas de materia orgánica en suspensión. Vive en buratos que escava nos fondos mariños que chegan até os 50 cm de profundidade.Solen vagina (Linnaeus, 1758) en MOLLUSCA GRID.

En Galicia Segundo Rolán e Otero-Schmitt, encóntrase en toda a costa galega, aínda que é pouco abundante. Estes autores danlle os nomes populares de carallote, carallete, navalla e longueirón.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 180–213. ISBN 2-85653-538-0. Montero Agüera, I. (1971): Moluscos bivalvos españoles. Sevilla: Publ. de la Universidad de Sevilla, 5. Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos Bivalvos Veneroides Solenoideos Lista de bivalvos de Galicia

Ligazóns externas Fichas de diferenciación e recoñecemento de especies pesqueiras do mercado galego Xunta de Galicia.

Solen marginatus en ADW.

Categoría:Veneroideos Categoría:Moluscos de Galicia