Simon Maximilian Südfeld, coñecido como Max Nordau, nado en Pest o 29 de xullo de 1849 e finado en París o 23 de xaneiro de 1923, foi un escritor e un dos líderes do sionismo.
Traxectoria Foi un dos fundadores da Organización Sionista Mundial con Theodor Herzl e presidente ou vicepresidente de varios congresos sionistas. Foi tamén un crítico social, en especial no seu libro Dexeneración (1892) no que ataca ao que chama arte dexenerada. Os seus argumentos recolleunos o antisemítico Partido Nazi en Alemaña para o seu ataque á arte das vangardas.
Categoría:Sionistas Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1923 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Escritores de Hungría