A Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (ETSAB) é unha das dúas escolas, xunto coa Escola Técnica Superior de Arquitectura do Vallès, de arquitectura da Universidade Politécnica de Cataluña. Prepara e expide o título de Arquitecto, así como doutorados e diversos masters de posgrao. Esta escola creouse en 1875 co nome de Escuela Provincial de Arquitectura de Barcelona, sendo a máis antiga de Cataluña e a segunda de España trala de Madrid. O actual edificio púxose en funcionamento en 1961 e está situado na Avenida Diagonal, 649, dentro da zona universitaria de Barcelona.
Véxase tamén
Outros artigos
Antón Román Conde
Ligazóns externas Páxina web oficial da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona
Categoría:Universidade Politécnica de Cataluña Categoría:Facultades Categoría:Arquitectura