Makemake ou (136472) Makemake (que é designación do centro de planetas menores; símbolo: 16px|🝼), é o terceiro planeta anano en tamaño do Sistema Solar e o segundo obxecto máis grande entre os obxectos clásicos do cinto de Kuiper (KBOs).Os astrónomos Mike Brown, David Jewitt e Marc Buie clasificaron a Makemake coma case un obxecto do disco disperso, pero o Centro de Planetas Menores, do cal a Wikipedia extrae a meirande parte das súas definicións para os obxectos trans-neptunianos, sitúao coma un obxecto de cinto de Kuiper. O seu diámetro e case tres cuartas partes do de Plutón. Makemake non ten (que se saiba) satélites, o cal fai del un obxecto único entre os grandes KBOs. Ten unha extremadamente baixa temperatura media, ó redor dos 30 K, e a súa superficie está cuberta xeos de metano, etano, e posiblemente nitróxeno.
Inicialmente foi designado coma 2005 FY9 e máis tarde recibiría o número 136472 asignado polo centro de planetas menores, foi descuberto o 31 de marzo do 2005, por un equipo de astrónomos encabezado por Michael Brown, e foi anunciado o seu descubrimento o 29 de xullo do 2005. O seu nome procede da mitoloxía Rapanui, onde Makemake era o deus de creación da humanidade e da fertilidade. O 11 de xuño do ano 2008, a Unión Astronómica Internacional (UAI) incluíu a Makemake na súa lista de potenciais candidatos a plutoides, un termo para os planetas ananos que están máis aló da órbita de Neptuno Neptuno, o cal colocaba a Makemake ó mesmo nivel que Plutón, Haumea e Eris. Makemake foi formalmente clasificado coma plutoide en xullo do 2008.
Descubrimento Makemake foi descuberto o 31 de marzo do 2005, por un equipo de astrónomos que traballaban dende o Observatorio Palomar, este equipo estaba encabezado por Michael Brown, e o descubrimento foi anunciado publicamente o 29 de xullo do 2005. O descubrimento de Eris tamén foi feito público ese mesmo día, e o de Haumea sería feito dous días antes.
A pesar de que o seu brillo relativo (que é unha quinta parte do de Plutón),Ten unha magnitude aparente en oposición de 16,7, mentres que Plutón ten 15. Makemake non foi descuberto moito antes cá outros obxectos do cinto de Kuiper moito menos brillantes. A meirande parte das procuras de planetas menores ían dirixidas a zonas moi próximas á eclíptica (a rexión do ceo onde parecen 'descansa-lo' Sol, a lúa e os planetas, vistos dende a Terra), debido a maior posibilidade de atopar obxectos nesta zona. Probablemente non foi detectado durante procuras anteriores debido a súa gran inclinación orbital, de feito foi descuberto cando estaba a súa máxima distancia respecto da eclíptica, na parte norte da constelación de Coma Berenices.
Máis aló de Plutón, Makemake é o único planeta anano que tería brillo de abondo para ter sido detectado por Clyde Tombaugh na súa procura de planetas máis aló da órbita de Neptuno, que levou a cabo a redor do ano 1930. Nos tempos da procura de Clyde Tombaugh, Makemake estaba a só uns poucos graos da eclíptica, preto da fronteira entre as constelacións de Taurus e Auriga,Baseadas nas efemérides obtidas en liña do servizo do centro de planetas menores: 1 de marzo de 1930: RA: 05h51m, Dec: +29.0. cunha magnitude aparente de 16,0. Pero esta posición está tamén moi preto da Vía Láctea, o cal tería feito que fose imposible ter detectado a Makemake sobre o denso fondo de estrelas da Vía Láctea. Tombaugh continuou coa súa procura algúns anos máis despois do descubrimento de Plutón, pero non puido atopar Makemake nin ningún outro obxecto trans-neptuniano.
Nome Mentres que Makemake non recibiu oficialmente o seu nome actual, tiña a designación provisional 2005 FY9, e antes de recibi-la designación provisional, o equipo descubridor tiña para el o alcume de Coello de Pascua, por que fora descuberto moi pouco despois da Pascua.
En xullo do 2008, conforme as regras da UAI para os nomes que se lle outorgan ós obxectos clásicos de cinto de Kuiper, 2005 FY9 recibiría o nome dunha deidade creadora. O nome de Makemake, creador da humanidade e deus da fertilidade dentro dos mitos dos Rapanui, os nativos da illa de Pascua, este nome foi escollido para preservar en parte a conexión do obxecto coa Pascua.
Órbita e clasificación esquerda|miniatura|upright=1.25|As órbitas de Makemake (azul), Haumea (verde), en contraste con Plutón (vermello) e a eclíptica (verde). O perihelio (q) e o afelio (Q) son marcados coas datas do paso dos planetas ananos. As posicións corresponden a abril do 2006 e están referenciadas polo lugar que ocupan as esferas. Ademais, o seu tamaño amosa a relación de tamaño entre os planetas, e a cor amosa as diferenzas de albedo.
No 2009, Makemake estaba a unha distancia de 52 UA do Sol, case a máxima distancia respecto do Sol que chega a acada-lo planeta anano na súa órbita. Makemake ten unha órbita semellante a de Haumea: unha gran inclinación orbital de 29° e unha moderada excentricidade orbital de 0,16. Aínda que a órbita de Makemake está lixeiramente máis afastada do Sol tanto en termos do seu eixo semi-maior coma do seu perihelio. O seu período orbital é de case 310 anos, máis grande cos 248 anos do de Plutón e os 283 do de Haumea. Tanto Makemake coma Haumea están actualmente afastados da eclíptica -a distancia angular é de case 29°. Makemake chegará ó seu afelio no ano 2033, mentres que Haumea pasou polo seu afelio a principios do ano 1992.
Makemake está clasificado coma cubewano, o cal significa que está o suficientemente afastado de Neptuno coma para permanecer estable ó longo da historia do Sistema Solar. De xeito contrario ós plutinos que poden cruza-la órbita de Neptuno xa que normalmente están nunha resonancia orbital de 2:3 co planeta, os obxectos clásicos (cubewanos) teñen un perihelio afastado do Sol, libres de calquera perturbación de Neptuno nas súas órbitas. Este tipo de obxectos teñen excentricidades relativamente pequenas (e por debaixo de 0,2) e unha órbita ó redor do Sol semellante a dos planetas. Makemake, pola contra, e un membro dunha clase "dinamicamente quente" de obectos clásicos do cinto de Kuiper (KBOs), o que significa que ten unha grande inclinación en comparación con outros obxectos 'próximos'. Makemake está, aínda que seguramente sexa unha pura coincidencia, preto dunha resonancia orbital de 11:6 con Neptuno.Preliminary simulation of Makemake (órbita de 2005 FY9}}) e the 2009-02-04 nominal (non-librating) rotating frame for Makemake. .
Características físicas Brillo, tamaño e rotación miniatura|esquerda|Makemake (Mag. ap. 16,9) Actualmente Makemake é visualmente o segundo obxecto máis brillante do cinto de Kuiper, só por detrás de Plutón, tendo unha magnitude aparente en oposición de 16,7 dentro da constelación de Coma Berenices. Este brillo é suficiente para que sexa visible a través dun bo telescopio de afeccionado. O gran albedo de Makemake, do redor do 80% suxire que a temperatura media da superficie é duns 30 K. O tamaño de Makemake non é coñecido con precisión, pero as observacións no infravermello do Telescopio Espacial Spitzer e do Telescopio Espacial Herschel, combinados coas semellanzas de espectro con Plutón, permiten estima-lo diámetro de Makemake entre uns 1.360 a 1.480 kms. Estas dimensións son lixeiramente maiores cás de Haumea, facendo posiblemente de Makemake o terceiro TNO en tamaño, despois e Eris e Plutón. Makemake é actualmente designado coma o cuarto planeta anano do Sistema Solar por que posúe un brillo en magnitude absoluta na banda V de −0.44. Isto na práctica garántelle ser grande de abondo coma para estar en equilibrio hidrostático e ter forma de esfera achatada.
Espectro e superficie Nunha carta escrita á revista Astronomy and Astrophysics no 2006, Licandro e o seu equipo. informaban das medicións tomadas no espectro visible e no espectro próximo ó infravermello de Makemake. Usaron o Telescopio William Herschel e o Telescopio Nazionale Galileo e amosaban cá superficie de Makemake era semellante a de Plutón. Igual que Plutón, Makemake aparece vermello no espectro visible, pero significativamente menos vermello cá superficie de Eris. O espectro próximo ó infravermello amosa a presenza dunha amplas bandas de absorción de metano (CH4). Tamén se observou metano en Eris e Plutón, pero a súa marca espectral é moito máis feble.
A análise espectral da superficie de Makemake revela que o metano debe estar presente en forma de longos grans de polo menos un centímetro de tamaño. Ademais, seguramente deberían de estar presente grandes cantidades de etano e tolinas, o máis probable creadas a través da fotólise do metano a causa de radiación solar. Estas tolinas posiblemente sexan as responsables da cor vermella no espectro visible. Aínda que existen evidencias da presenza de xeos de nitróxeno na súa superficie, e aínda poida que estea mesturado con outros xeos, non hai comparación posible cos niveis de nitróxeno que ten Plutón ou Tritón, xa que nestes dous astros o nivel de nitróxeno na superficie acada ata 98%. A relativa ausencia de xeo de nitróxeno suxire que a fonte de nitróxeno se esgotou nalgún momento ó longo da evolución do Sistema Solar.
No infravermello profundo (24–70 μm) e a fotometría submilimétrica (70–500 μm) levada a cabo polos telescopios Spitzer e Herschel revelaron que a superficie de Makemake non é homoxénea. A meirande parte da superficie está cuberta de xeos nitróxeno e metano, lugares onde o albedo acada porcentaxes de entre o 78 ó 90%, despois existen pequenos parches de terreo escuro onde o seu albedo é só de entre o 2 ó 12%, este pequenos parches só son o 3–7% da superficie de Makemake.
Atmosfera A presenza de metano e posiblemente nitróxeno suxire que Makemake podería ter unha atmosfera 'temporal' ou 'transitoria' semellante á que posúe Plutón ó achegarse ó seu perihelio. Se o nitróxeno está presente, podería se-lo composto dominante nesta atmosfera. A existencia dunha atmosfera tamén achegaría unha explicación máis que lóxica para a esgotamento do nitróxeno: coma a gravidade de Makemake é máis feble cá de Plutón, Eris e Tritón, unha gran cantidade de nitróxeno perdeuse vía escape atmosférico; o metano é máis lixeiro có nitróxeno, pero a significativa baixa presión que prevalece coas baixas temperaturas que se dan na superficie de Makemake (30–35 K), dificultan que este gas escape; o resultado deste proceso é unha relativa abundancia de metano.
Satélite Makemake só ten un satélite coñecido, o S/2015 (136472) 1, tamén chamado MK2. Foi observado a 21 000 km de distancia deste planeta anano, e o seu diámetro estimouse en 175 km (cun alvedo do 4%).
+Sistema MakemakeNomeDiámetro (km)Data de descubrimentoMakemake≈ 1430 31 de marzo de 2005 S/2015 (136472) 1≈ 17527 de abril de 2015
A presenza de satélites é bastante común nos outros grandes obxectos trans-neptunianos, por exemplo Eris posúe a lúa Disnomia, Haumea ten dúas e Plutón ten tres. Agardase que entre o 10% ó 20% de tódolos obxectos trans-neptunianos posúan polo menos un satélite.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Planeta anano Planeta Cinto de Kuiper
Ligazóns externas MPEC listing for Makemake AstDys elementos orbitais Simulación Orbital do JPL (Java) / Efemérides anuncio en prensa do WHT e do TNG sobre as semellanzas entre Makemake e Plutón. Makemake chart and Orbit Viewer Imaxe da recuperación tomada co telescopio de 1,06 m do Observatorio Kleť o 20 de abril do 2003 Makemake visto o 18-02-2010 UT co Keck 1 Makemake of the Outer Solar System APOD 15 de xullo do 2008 Simulación da órbita de Makemake (2005 FY9
Categoría:Plutoides Categoría:Cubewanos