Eric Bogosian, nado o 24 de abril de 1953 en Woburn, é un actor, dramaturgo, monologuista e novelista estadounidense de orixe armenia.

Traxectoria Entre 1980 e 2000 escribiu e interpretou seis monólogos, entre eles “Sex, Drugs, Rock & Roll” (1990) e “Pounding Nails in the Floor with Forehead” (1994) pero a obra máis coñecida de Bogosian é Talk Radio (1987) na que propio Bogosian interpretou o actor protagonista na súa estrea Off-Broadway e tamén na adaptación para o cine que fixo Oliver Stalone en 1988. Interpretou o capitán Danny Ross na serie "Law & Order: Criminal Intent," entre 2006 e 2010. En cine apareceu en Under Siege 2: Dark Territory (1995), Deconstructing Harry (1997) ou Gossip (2000) entre outros filmes.

Categoría:Actores de Massachusetts Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Dramaturgos dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados no condado de Middlesex, Massachusetts Categoría:Novelistas dos Estados Unidos de América