Manuel Abeledo López, nado en Goiás (Lalín) o 5 de abril de 1945 e finado na Coruña o 19 de marzo de 2016, foi un profesor e político galego de tendencia conservadora. Traxectoria Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca, foi profesor e Director Técnico do Colexio Liceo La Paz da Coruña (1973-1975) e funcionario do Corpo de Inspectores Técnicos de Educación por oposición. Desempeñou os cargos de Inspector Técnico de Educación en Málaga (1979-1984) e Melilla (1982-1984).
Foi nomeado Subdirector Xeral de Planificación, Profesorado e Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia o 13 de marzo de 1984 ocupando o posto ata xaneiro de 1987, data na que o nomearon Inspector Técnico de Educación da Coruña e en 1989 Inspector Xefe de Educación da Coruña. O 7 de marzo de 1991 foi nomeado Director Xeral de Transportes da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas e o 4 de xaneiro de 1994 Delegado Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
Militante do Partido Popular, foi concelleiro en Lalín, presidente da Deputación de Pontevedra e vicepresidente provincial do partido en Pontevedra.
Finou na Coruña o 19 de marzo de 2016."Fallece Manuel Abeledo Lopez, expresidente de la Diputación de Pontevedra", artigo en Faro de Vigo, 20 de marzo de 2016 . Vida persoal Casou con Carmen Pérez Díaz en 1973 e foi pai de Carmen, Marta e Manuel Abeledo Pérez.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en galegos.info
Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Concelleiros de Lalín Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes