miniatura|Cartel de The Story of the Kelly Gang, considerada a primeira longametraxe da historia. Unha longametraxe é un filme realizado para a súa exhibición en cines e que conta cunha duración significativa. As normas para considerar un filme longametraxe dependen de cada país ou organización.

Historia O filme australiano The Story of the Kelly Gang que tivo a súa estrea o 26 de decembro de 1906 considérase a primeira longametraxe e como tal a UNESCO inscribiuna no Programa Memoria do Mundo.

Definición

En España considérase longametraxe aquela que ten unha duración mínima de sesenta minutos e aqueloutras superiores a corenta e cinco minutos sempre que se produzan en formato de 70 mm, cun mínimo de oito perforacións por imaxe. Nos Estados Unidos, considérase unha longametraxe os filmes cun mínimo de corenta minutos de duración, seguindo os requirimentos da Academia das Artes e das Ciencias CinematográficasNormas da Academia para optar aos Oscar En Francia considéranse longametraxes as de duración superior a unha hora.

Notas

Categoría:Cinema