Jack Ludlow Gould, nado o 5 de febreiro de 1914 en Nova York e finado o 24 de maio de 1993 en Berkeley (California), foi un xornalista estadounidense especializado na crítica de teatro, radio e televisión estadounidense.

Traxectoria En 1932 entrou a traballar no New York Herald Tribune como mozo de recados, aprendeu o oficio e especializouse na crítica teatral, en 1937 pasou ao New York Times seguindo coa crítica teatral ata comezos da década de 1940 cando pasou a realizar crítica de radio, en 1944 converteuse no editor da sección de radio do xornal, a partir de 1947 pasou a centrarse na crítica televisiva, converténdose nun dos máis influentes do paísMartin Shefter Capital of the American century: the national and international influence of New York City, p.139. En 1958 publicou All about radio and television dedicado á divulgación do mundo da radio e da televisión entre os máis novos. Gould criticou a difusión que as televisións fixeron do fenómeno de Elvis Presley, unha visión compartida por boa parte dos adultos de clase media branca na década de 1950Gary Donaldson Modern America: a documentary history of the nation since 1945, p. 79

Notas

Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1993