Kirk Thomas Cameron, nado o 12 de outubro de 1970 no barrio de Panorama City, nos Ánxeles (california), é un actor e predicador evanxelista estadounidense, irmán da tamén actriz Candance Cameron Bure.
Traxectoria Cameron é coñecido polo seu papel de Mike Seaver na comedia de situación Growing Pains (1985–1992), apareceu tamén como actor infantil en varias filmes e series, continuando durante a súa mocidade, protagonizando filmes como Like Father Like Son (1987) e Listen to Me (1989). Máis recentemente, desde o 2000 interpretou a Cameron "Buck" Williams na serie de filmes Left Behind e Caleb Holt en Fireproof (2008). Cameron é tamén un activo cristián evanxelista, que xunto con Ray Comfort dirixe o ministerio evanxélico The Way of the Master responsable do programa do mesmo nome que copresenta Cameron. Coa súa dona, a actriz Chelsea Noble fundou The Firefly Foundation.
Véxase tamén
Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados nos Ánxeles