O Donibaneko Arraunlariak foi un club de remo,Escudo do club , nunha versión antiga da web oficial da Federación Guipuscoana de Remo, 2001 actualmente desaparecido, de Pasai Donibane (Guipúscoa).

Historia O Donibaneko Arraunlariak xurdiu como unha escisión do club Koxtape, en 1991. A tensión existente entre diversos sectores do club estoupou tras un incidente na Bandeira da Concha daquel ano. A división foi radical entre directivos, técnicos, remeiros e, en xeral, entre dous sectores da mesmo vila. Tras dez anos de confrontación, conseguiuse recuperar a unión sanjuandarra, ao volver integrarse todos os seus membros no club orixinal.

Palmarés 1 Bandeira da Concha: 1995Crónica sobre a Bandeira da Concha gañada por Donibaneko no xornal Noticias de Gipuzkoa. 2 Campionatos de España de Trainerillas: 1992 e 1999 1 Campionato de Euskadi de Trainerillas: 1999 1 Campionato de Euskadi de Bateles: 1992 2 Campionatos de Guipúscoa de Bateis: 1992 e 1993 1 Gran Premio do Nervión: 1992

Notas

Donibane