Canadian Radio Broadcasting Commission (CRBC) foi a primeira cadea pública de radiodifusión do Canadá, a precursora da Canadian Broadcasting Corporation. Orixe A CRBC creouna por lei en 1932 o goberno de R.B. Bennett seguindo as recomendacións dunha Comisión Real do Parlamento do Canadá que en 1929 recomendara o establecemento dun sistema público de radio e logo dunha campaña de presións da Canadian Radio League para que se cumprise. A cadea botou a andar o 26 de maio de 1932 e existiu ata o 2 de novembro de 1936 cando se reorganizou como empresa pública federal (Crown corporation) baixo o nome de Canadian Broadcasting Corporation."The Birth and Death of The Canadian Radio Broadcasting Commission (1932-1936) ," Canadian Communications Foundation, consultado o 19 de novembro de 2010 A programación diaria nacional comezou en maio de 1933, ao primeiro dunha hora ao día que se foi incrementando co tempo.

Actividade A comisión estaba formada por tres persoas e tiña o mandato para regular e controlar todas as emisións de radio no país "The CRTC's Origins" , Canadian Radio-television Telecommunication Commission , así como tamén para crear e transmitir a súa propia programación e para mercar ou constuír emisoras ao longo do país, así e todo os fondos para levar á práctica o seu mandato foron insuficentes polos efectos da Gran Depresión e moitos dos seus programas emitíanos emisoras privadas en gran parte do país David Ward (editor) Television and public policy, p. 4. O seu primeiro presidente foi Hector Charlesworth, editor da revista Saturday Night.

Desaparición A CRBC non cumpriu as expectativas da Canadian Radio League considerando escasa e pobre a súa programación e o principal partido da oposición, o Partido Liberal do Canadá acusábaa de progobernamental.. Durante a campaña das eleccións lexislativas de 1935, a CRBC emitiu unha serie chamada Mr. Sage criticando ao líder da oposición William Lyon Mackenzie King e o seu partido, este incidente foi decisivo na decisión de King de substituíla por unha nova entidade tras gañar as eleccións, nese entón tiña 8 estacións propias e 14 afiliadas privadas.

estacións propias da CRBC CRCA Moncton (pechada o 31 de outubro de 1933) CRCK Québec AM 950 CRCS Chicoutimi AM 1580 CRCM Montreal AM 1050 CRCO Ottawa AM 880 CRCT Toronto AM 840 CRCY Toronto AM 1030 e AM1420 CRCW Windsor AM 600 CRCV Vancouver AM 1100

Afiliadas á CRBC CHNS Halifax CHSJ Saint John CHNC New Carlisle, Québec CKCH Hull CFRC Kingston CFPL London CKY Winnipeg CKCK Regina CFQC Saskatoon CKBI Prince Albert CHAB Moose Jaw CJCA Edmonton CFAC Calgary CHWK Chilliwack CFCJ Kamloops CKOV Kelowna CJAT Trail

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Programas da CRBC

Categoría:Emisoras de radio Categoría:Cultura do Canadá