dereita|miniatura|Praza de Faustino Rey Romero en Sestelo. Faustino Rey Romero, nado na Lagarteira-Sestelo (Isorna, Rianxo), o 27 de outubro de 1921 e finado en Buenos Aires o 20 de decembro de 1971, foi un sacerdote e escritor galego. Traxectoria Estudou Latín e Humanidades no convento de San Francisco de HerbónHerbón e seguiu a carreira eclesiástica no seminario San Fernando, en Ourense. O bispado de Ourense ordenou que abandonase o seminario debido ao seu carácter “revolucionario” e finalizou os seus estudos no seminario diocesano de Tui. Ordenouse sacerdote en 1948 e licenciouse en Teoloxía pola Universidade de Salamanca.
En 1949 foi destinado a Cela e Tameiga, en Mos; e Barcela, en Arbo e tivo problemas coa Falanxe por negarse a dicir unha misa por José Antonio Primo de Rivera. Foi párroco en dúas freguesías do Baixo Miño, Amorín e Currás, no concello de Tomiño. Problemas co bispado da diocese de Tui pola súa conduta antifranquista e crítica co celibato sacerdotal e a hipocrisía do clero levárono a trasladarse de volta á súa parroquia natal. En 1956 embarcouse como capelán de migración cara a Venezuela e Cuba, durante un tempo.
Fundou en Catoira en 1961 o Ateneo Ullán, que sería cerne da Romaría Viquinga de Catoira. Tamén participou na creación do Premio Pedrón de Ouro. Rey Romero non era cómodo para a xerarquía eclesiástica: tiña fillos que o trataban de pai e non de padre nin tío, sen escándalos dos fregueses, pero si da xerarquía. Crego progresista da liña do Concilio Vaticano Segundo e defensor do idioma galego na liturxia e na escrita, o seu estilo de vida e crenzas derivarían en problemas co bispado. Logo de ser forzado a un desterro voluntario, trasladouse a Buenos Aires en 1966, onde exerceu na parroquía de Balbanera e onde morreu en 1971 aos 50 anos de idade, nun confuso suceso: accidente, asasinato ou suicidio. Desde 1987 descansa no cemiterio de Isorna.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Sociedade Mariolóxica Mater Ecclesiae de Braga.
Colaborou na revista Alba, no Faro de Vigo e en La Nación de Bos Aires, ademais de facelo en El Pueblo Gallego de Vigo e Lar de Bos Aires.
Usou o pseudónimo Fausto de Isorna.
Obra Ensaio Teoría general de la existencia (1968). El trasmundo en la poesía de Noriega Varela. Una fiesta brillante de las letras gallegas: los Juegos Florales de Tui en 1891.
Poesía Florilegio poético (1949). Prologado polo poeta catalán Miguel Melendres. Doas de vidro (1951). Prólogo de Vitoriano Taibo e ilustracións de Xesús Rodríguez Otero. Tui: Tip. Rexional. Catro sonetos ó destino dunha rosa (1952). Tui: Tip. Rexional. Escolanía de melros (1959). Porriño: Gráficas Bolfer. 2ª ed., Bos Aires, Nós, 1970. Prólogo de Francisco Luis Bernárdez. Poema das materias sagras (1960). Porriño: Gráficas Bolfer. A segunda edición foi premio Pedrón de Ouro en 1964. El ángel descielado (1961). Composto polos poemas que apareceran previamente na revista bonaerense Lar en 1954 e 1955. La angustia ensanchada en el Templo Místico (1964). Braga. Faustino Rey Romero (1985). Edición de Carmén García e Xesús Santos. Rianxo. 255 páxs. ISBN 84-505-2866-6.
A poesía de Rey Romero ten unha especial tenrura franciscana. Do seu libro Poema das materias sagras di Méndez Ferrín:
Homenaxes O concello de Rianxo convoca dende 1998 o Premio Faustino Rey Romero na súa honra. Nos arredores da Casa da República (Isorna, Rianxo) erixiuse un monólito no seu recoñecemento.
Manuel Rivas homenaxea a súa figura en O lapis do carpinteiro. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Cen anos do peta e crego Faustino Rey Romero, 2021. Web sobre Faustino Rey Romero
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Promoción de Enlace