Chelo Suárez Muíños, nada na Coruña o 1 de marzo de 1945, é unha escritora en lingua galega.
Traxectoria Asinou en diversas ocasión cos pseudónimos Amara Orzania e Puliana Marful. Foi colaboradora habitual de Radio Oleiros. En 2008 obtivo o Premio Narrativas Quentes de literatura erótica pola obra Os milagres de Cristamar. En 2010 gañou a XVII edición do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey coa obra As horas rotas.
Obra Narrativa Flor de xiz, 2003, Primerapersona, A Coruña. Os milagres de Cristamar, 2008, Positivas. A venus de cristal, 2008, Xerais. As horas rotas, 2010, Sotelo Blanco.
Poesía Corpo de mar, 2008, Espiral Maior. O arco da luz, 2009, publicado en Internet.
Literatura infanto-xuvenil A neve e o lume, 2012, Baía Edicións.
Obras colectivas En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
Premios Premio Narrativas Quentes de literatura erótica no 2008, por Os milagres de Cristamar. Segundo premio do Premio Modesto R. Figueiredo no 2008, por Colleita de sombras. Gañadora da XVII edición do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2010, pola obra As horas rotas. Gañadora do Premio Adiala de relato curto do Centro Galego de Mallorca no 2010, por Monólogo dun cadáver. Gañadora da XIII edición do Certame de narración curta Ánxel Fole, convocado polo Concello de Lugo no 2011, por Recantos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Chelo Suárez
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1945 Categoría:Escritores de literatura erótica Categoría:Poetas en lingua galega