Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979.Artigo "MILLADOIRO" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada: Grupo musical constituído na cidade coruñesa de Santiago de Compostela en 1979... Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.
Historia O grupo orixinouse cando Xosé V. Ferreirós, Nando Casal e Ramón García Rei, membros de Faíscas do Xiabre, xuntáronse con Antón Seoane e Rodrigo Romaní. Estes últimos xa publicaran un disco co título de Milladoiro, de referencias medievais, no que colaborara Ferreirós. Así mesmo, Seoane e Romaní colaboraran con Faíscas no seu disco In memoriam. A formación completaríase con Xosé A. Méndez, frautista procedente da música de cámara, e Laura Quintillán, violinista de orixe uruguaia. A súa primeira actuación foi o 15 de maio de 1979, no auditorio do Colexio dos Salesianos da Coruña, e nese mesmo ano editarían no seu primeiro disco, A Galicia de Maeloc (Ruada, 1980), cun repertorio artellado a base de música galega tradicional, irlandesas e composicións propias.
Durante os anos o grupo foi evolucionando cara a unha música cada vez máis elaborada, de aspecto clásico, pero que mantén as súas referencias na música galega. Moitos dos seus traballos son resultado de encargos para institucións, bandas sonoras de películas ou música para exposicións, nos que tamén deixa pegada o folclore galego e irlandés. Os seus discos e directos manteñen a alternancia entre o repertorio máis folk e as pezas de carácter máis concertista. Milladoiro está considerado como un dos pioneiros da modernidade no folk galego, innovando nas combinacións instrumentais pouco habituais. Foi o primeiro grupo folk que gravou música acompañados de pandeireteiras, chegando mesmo a realizar a xira do seu décimo aniversario acompañados polas pandeireteiras de Mens.
O grupo ten colaborado con artistas como Paul Winter, Bill Whelan, Ana Belén, Paddy Moloney, Olga Cepa, Oskorri, Kathy Mattea, Susana Seivane, Anxo Pintos, Eileen Ivers, Rhonda Larson ou Liam O'Flynn. O grupo colaborou así mesmo nun episodio da serie Os celtas divírtense, gravado pola BBC en Galicia e Escocia.
O 19 de maio de 2024, con motivo do 45 aniversario do seu primeiro concerto no Colexio dos Salesianos da Coruña, ofreceron un concerto nun ateigado Pazo da Ópera da Coruña.
Membros Xosé V. Ferreirós – gaita, mandolina, óboe, bouzouki, tin whistle e percusións (dende 1978) Nando Casal – gaita, clarinete, tin whistle, percusións (dende 1978) Moncho García Rei – bodhran, percusións, tamboril (dende 1978) Harry.c – violín (dende 1998) Manú Conde – guitarras, bouzouki (dende 2000) Manuel Riveiro - acordeón, teclados (dende 2013)
Formación orixinal Xosé V. Ferreirós: gaita, óboe, tin whistle, mandolina, uilleann pipes, percusións e bouzouki. (1978-) Moncho García Rei: bodhrán, tamboril, percusión. (1978-) Nando Casal: gaita, clarinete, tin whistle, cromorno. (1978-) Antón Seoane: guitarra, acordeón, teclados. (1978-2013) Rodrigo Romaní: Arpa, bouzouki, ocarina, arpa de boca e voz. (1978-2000) Xosé A. Méndez: frauta traveseira, frauta de pico. (1979-2013) Laura Quintillán: violín. (1979-1980)
Antigos membros Michel Canadá – violín (1981–1991) Antón Seijo – violín (1992–1998) Roi Casal – arpa, bouzouki, ocarina (2000–2009)
Discografía Álbums de estudio A Galicia de Maeloc (1979) O berro seco (1980) 3 (1982) Solfafría (1984) Galicia no país das maravillas (1986) Castellum honesti (1989) Galicia no Tempo (1991) Via láctea (1993) A xeometría da alma (1993) Iacobus Magnus (1994) Gallaecia Fulget (1995) No confín dos verdes castros (1999) Auga de maio (1999) O niño do Sol (2002) Adobrica suite (2002) 25 (2005) Unha estrela por guía (2006) A quinta das lágrimas (2008) Atlántico (2018) Cantigas de amigo(s) (2022)
En directo As fadas de estraño nome (1995) Milladoiro en Ortigueira (2016)
Recompilatorios A Galicia de Maeloc / O berro seco (1989) Todas sus grabaciones en CBS (1982–1986) (2002)
B.S.O. *La mitad del cielo(1985)Banda sonora da película de Manuel Gutiérrez Aragón. *Divinas palabras(1987)Banda sonora da película de José L. García Sánchez *La memoria fértil(1987)Banda Sonora *Os camiños de Santiago(1993)Banda Sonora da serie de TVE-TVG *El rey del río(1993)Banda Sonora da película de Manuel Guitiérrez Aragón
*Tierra del fuego(1999)Banda sonora da película de Miguel Littin *Siempre Habana(2006)Banda sonora da película de Ángel Peláez *Esperpentos(2008)Banda sonora da película de José Luís García Sánchez
Colaboracións *Paul WinterSolstice Live!(1989) *The ChieftainsA Chieftains Celebration(1989) *Bill WhelanThe seville suite: from Kinsale to La Coruña(1992) *Liam O'FlynnThe Given Note(1996) *CalicantoIsole Senza Mar(2005)
Outras obras *Travesías(1998)Obra para orquestra sinfónica *Gloria Tibi Sit(1997)Composición do himno da Universidade de Vigo. *Suite Celeste(1998)Composición para o concerto conmemorativo no estadio de Balaídos do 75 aniversario do Real Club Celta de Vigo *Trasalba(2006)Composición especial para o Premio Trasalba, outorgado a Milladoiro en dito ano. Homenaxe a Ramón Otero Pedrayo
Premios Pedrón de Ouro (1984) Premio Goya pola banda sonora da película La mitad del cielo (1986) Mención honorífica da Indie Award (en Texas, USA) (1992) Galegos egrexios (1999) Premios da música da SGAE, por Moraima como mellor canción en galego (2000) Medalla Castelao (2004) Premio Ramón Piñeiro "Facer País" (2004) Premio Trasalba (2006) Diploma da Real Academia de Belas Artes Virxe do Rosario (2009) Medalla de Galicia (2012)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina de Milladoiro "O bruxo da montaña", vídeo en Youtube "Alalá das Mariñas", vídeo en Youtube coa voz de Faustino Santalices. "O voo da pomba", vídeo en Youtube.
Categoría:Grupos musicais formados en 1978 Categoría:Grupos musicais de Santiago de Compostela Categoría:Premio Trasalba Categoría:Medallas Castelao Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Categoría:Grupos musicais de folk galego