Buffy the Vampire Slayer é unha serie de televisión estadounidense que se emitiu orixinalmente entre o 10 de marzo de 1997 e o 20 de maio de 2003.

Desenvolvemento A serie creouna Joss Whedon coa súa propia produtora, Mutant Enemy Productions, a idea desenvolveuse primeiro nunha longametraxe en 1992 de título homónimo. A serie segue a Buffy Summers (interpretada por Sarah Michelle Gellar), a última nunha liña de mozas coñecidas como as "Vampire Slayers" ou simplemente "Slayers", que en galego viría a ser exterminadora ou cazadora de vampiros, que son "chamadas" (elixidas polo fate) para loitar contra vampiros, demos, e outras forzas do mal. Como as anteriores Slayers, Buffy conta coa axuda dun Watcher, un observador encargado de guiala e adestrala, pero a diferenza das súas predecesoras, Buffy rodéase dun círculo de amigos leais que a axudan a combater o mal, os "Scooby Gang".

Repercusión A serie normalmente tiña entre catro e seis millóns de telespectadores na súa emisión orixinalÍndices Nielsen para Buffy the Vampire Slayer. Aínda que os índices de audiencia foron máis baixos que as series de éxito dos denominadas catro grandes cadeas (ABC, CBS, NBC e Fox),"The Dual Network Rule. ", Federal Communications Commission (15 de maio de 2001): "the four major broadcast networks are unique among the media in their ability to reach a wide audience", constituíron un éxito para a relativamente nova e pequena cadea que o emitía WB Television Network.Kaiser Family Foundation, Generation M: Media in the Lives of 8–18 Year Olds ", Kff.org (9 de marzo de 2005).". As críticas foron positivas,"First season reviews ", "Third season reviews ", "Fourth season reviews ", "Fifth season reviews", "Sixth season reviews ", "Seventh season reviews ", Rotten Tomatoes. e foi incluída en moitas listas, como o nº 41 na lista dos 50 mellores programas de televisión de todos os tempos da TV Guide , nº 2 da revista Empire ou entre os 100 programas de televisión de sempre en Time . Gañou tres Emmy, a serie converteuse nun fenómeno social, con fans en todo o mundo e dela fíxose unha serie derivada, Angel, así como videoxogos, novelas ou banda deseñada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1997 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2003 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América