Jeffrey Scott Buckley, nado en Anaheim (California), o 17 de novembro de 1966 e finado en Memphis (Tennessee), o 29 de maio de 1997, foi un cantautor e guitarrista estadounidense reputado polo seu peculiar rango vocal de polo menos catro oitavas e media. Traxectoria Trala publicación o 23 de agosto de 1994 do álbum de debut Grace, a crítica considerouno un dos artistas máis prometedores da súa xeración, o que o levou a facer unha xira mundial durante os seguintes dous anos. O álbum Grace inclúe 8 cancións orixinais e 3 versións, "Lilac Wine" inspirado na versión de Nina Simmone, popularizada por Elkie Brooks en 1978, "Corpus Christi Carol", de A Boy was Born, Op.3, peza que Buckley coñeceu no instituto, baseada nun himno do século XIV, e por último a versión máis célebre de "Hallelluja" de Leonard Cohen, baseada nas gravacións de John Cale para o disco tributo a Leonard Cohen I'm Your Fan. A versión acadou unha gran repercusión tanto a nivel de público como de prensa especializada, chegando a ser seleccionada como unha das 500 mellores cancións de todos os tempos pola revista Rolling Stone Falecemento Non obstante, na cima da popularidade, morreu afogado mentres nadaba no río Wolf, Tennessee, durante as sesións de gravación do que ía ser o seu segundo disco "Sketches for my Sweetheart the Drunk", que ía ser producido polo reputado músico da escena novaiorquina dos anos 70 Tom Verlaine (Televisión).
Discografía
Discos en estudio 1994 - Grace. 1998 - Sketches for My Sweetheart the Drunk (álbum póstumo) 2016 - You and I (álbum póstumo)
Discos en directo
2000 - Mystery White Boy 2001 - Live a L'Olympia. 2003 - Live at Sin-é (Legacy Edition) 2009 - Grace around the World
EPs
1993 - Live at Sin-é 1995 - Live from the Bataclan
Recompilatorios
2002 - Songs To No One 1991-1992 2002 - The Grace EPs 2004 - Grace (Legacy Edition). 2007 - So Real: Songs from Jeff Buckley 2010 - The Jeff Buckley Collection 2019 - In Transition
Documentais Amazing Grace: Jeff Buckley (2004) – na páxina. Everybody Here Wants You (2002) – BBC. Goodbye and Hello (2000) da TV neerlandesa. Fall in Light (1999) da TV francesa.
Notas
Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de California Categoría:Nados en Anaheim Categoría:Nados en 1966 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Finados por afogamento Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa