Aeroportos Españois e Navegación Aérea, coñecida tamén co acrónimo Aena, é un ente público empresarial encargado da navegación civil aérea e dos aeroportos civís en España.
Funcións Conforme á lexislación vixente desenvolve as seguintes funcións:
Ordenación, dirección, coordinación, explotación, conservación e administración dos aeroportos públicos de carácter civil, aeródromos, heliportos e demais superficies aptas para o transporte aéreo cuxa xestión se lle encomende e dos servizos afectos ós mesmos; a coordinación, explotación, conservación e administración das zonas civís das bases aéreas abertas ó tráfico civil. Proxecto, execución, dirección e control dos investimentos nas infraestruturas e nas instalacións a que se refire a epígrafe anterior. Ordenación, dirección, coordinación, explotación, conservación e administración das instalacións e redes de sistemas de telecomunicacións aeronáuticas, de axudas á navegación e de control da circulación aérea. Proxecto, execución, dirección e control dos investimentos en infraestruturas, instalacións e redes de sistemas de telecomunicacións aeronáuticas, de axudas á navegación e control da circulación aérea. Proposta de planificación de novas infraestruturas aeronáuticas, así como de modificacións da estrutura do espazo aéreo. Desenvolvemento dos servizos de orde e seguridade nas instalacións que xestione, así como a participación nas ensinanzas específicas relacionadas có transporte aéreo e suxeitas ó outorgamento de licenza oficial, todo sen detrimento das atribucións asinadas á Dirección Xeral de Aviación Civil.
Filiais Aena xestiona a través da filial Aena Desenvolvemento Internacional (100%), participacións en aeroportos de México, Estados Unidos, Cuba, Colombia, Bolivia, Reino Unido e Suecia. Tamén ten participacións en Enxeñería e Economía do Transporte (INECO) (61%), Centros Loxísticos Aeroportuarios (CLASA) (100%), Restauración de Aeroportos Españois (RAESA) (49%) e Axencia Metropolitana de Desenvolvemento Urbanístico e de Infraestruturas (Barcelona Rexional) (11,76%).
Aeroportos Aena explota todos os aeroportos de interese público de España, así como a navegación aérea nalgúns privados e algunhas bases aéreas en réxime mixto co Exército de España. Ademais, cabe destacar o Heliporto de Ceuta e o Heliporto de Alxeciras, os únicos heliportos da rede.
Os aeroportos españois que xestiona rexistraron as seguintes cifras de pasaxeiros en 2009
Pasaxeiros (2009) Aeroporto Total pasaxeiros Aeroporto de Madrid-Barajas 48 437 147 Aeroporto de Barcelona-El Prat 27 421 682 Aeroporto de Palma 21 203 041 Aeroporto de Málaga-Costa del Sol 11 622 429 Aeroporto de Gran Canaria 9 155 665 Aeroporto de Alacant 9 139 479 Aeroporto de Tenerife Sur 7 108 055 Aeroporto de Xirona-Costa Brava 5 286 970 Aeroporto de Valencia 4 748 997 Aeroporto de Lanzarote 4 701 669 Aeroporto de Eivisa 4 572 819 Aeroporto de Tenerife Norte 4 054 147 Aeroporto de Sevilla 4 051 392 Aeroporto de Fuerteventura 3 738 492 Aeroporto de Bilbao 3 654 957 Aeroporto de Menorca 2 433 666 Aeroporto de Santiago de Compostela 1 944 068 Aeroporto de Reus 1 706 615 Aeroporto de Murcia-San Javier 1 630 684 Aeroporto de Asturias 1 316 212 Aeroporto de Granada 1 187 813 Aeroporto de Vigo 1 103 285 Aeroporto de Xerez 1 079 616 Aeroporto da Coruña 1 068 823 Aeroporto de La Palma 1 043 274 Aeroporto de Santander 958 157 Aeroporto de Almería 791 837 Aeroporto de Zaragoza 528 313 Aeroporto de Valladolid 365 720 Aeroporto de Pamplona 335 612 Aeroporto de Donostia 315 294 Aeroporto de Melilla 293 695 Aeroporto de El Hierro 183 891 Aeroporto de León 95 189 Aeroporto de Badaxoz 75 351 Aeroporto de Salamanca 53 088 Aeroporto de Vitoria 39 933 Aeroporto de Logroño 35 663 Aeroporto de La Gomera 34 605 Aeroporto de Madrid-Torrejón 28 423 Aeroporto de Burgos 27 716 Heliporto de Ceuta 20 560 Aeroporto de Córdoba 15 474 Aeroporto de Albacete 15 127 Aeroporto de Huesca 6 228 Aeroporto de Madrid-Cuatro Vientos 229 Aeroporto de Sabadell 0 Aeroporto de Son Bonet 0
Carga Aeroporto de Madrid-Barajas (329 186 631 Tm.) Aeroporto de Barcelona-El Prat (103 996 489 Tm.) Aeroporto de Vitoria (34 989 727 Tm.) Aeroporto de Gran Canaria (33 695 248 Tm.) Aeroporto de Zaragoza (21 438 894 Tm.) Aeroporto de Palma (21 395 791 Tm.) Aeroporto de Tenerife Norte (20 781 674 Tm.) Aeroporto de Valencia (13 325 799 Tm.) Aeroporto de Tenerife Sur (8 567 093 Tm.) Aeroporto de Sevilla (6 102 264 Tm.)
Véxase tamén
Ligazóns externas Aena (en castelán)
Categoría:Aviación en España Categoría:Ibex 35