José Manuel Cores Tourís, nado en Oubiña (Cambados) o 1 de novembro de 1958, é un político galego do PPdG.
Traxectoria Foi director xerente da cooperativa Horsal e vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas dende o 1985. Posteriormente, ocupou os postos de concelleiro no Concello de Cambados dende o 1987 ata o 1995, e Tenente de Alcalde dende o 1995 ata o 1998.
Foi elixido alcalde de Cambados trala dimisión de Santiago Tirado Serén en maio de 1998. Nas eleccións municipais de 1999 foi reelixido con maioría absoluta, así como no 2003 e no 2007. Porén, abandonou o cargo en abril de 2009 tras ser nomeado delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra do novo goberno de Alberto Núñez Feijóo.
Foi elixido senador pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 2000, nas de 2004 e nas de 2008. En abril de 2009 presentou a súa renuncia ao pasar a ocupar o posto de designación como delegado da Xunta de Galicia para a provincia de Pontevedra, e foi substituído por Paz Lago. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012, e renunciou para volver ocupar o cargo de delegado territorial da Xunta de Galicia.
Vida persoal Está casado e ten dúas fillas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais en Cambados
Categoría:Alcaldes de Cambados Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1958 Categoría:Senadores de España polo PP