Capitán Planeta é unha serie de animación estadounidense de carácter ecoloxista producida para a televisión, baseada nunha idea de Ted Turner e Robert Larkin III, a serie produciuna Turner Program Services e DiC Entertainment emitíndose ata o 5 de decembro de 1992. Co título de The New Adventures of Captain Planet emitíronse os episodios posteriores producidos por Turner Broadcasting e Hanna-Barbera Productions. Os capítulos continúan a se emitir nos Estados Unidos en sindicación.

A serie está concibida como entretemento educativo avogando polo ecoloxismo.Captain Planet Zooms to the Rescue of the Environment, The Washington Post - Sep 16, 1990. En Galicia emitiuna a TVG en 1991.

Notas

Categoría:Debuxos animados