Isabel de Castro e Andrade, condesa de Altamira, nada en Pontedeume probablemente en 1528 e finada na mesma vila en 1582, foi unha nobre e escritora galega, considerada como a primeira poeta renacentista en galego.

Traxectoria Pouco se coñece da súa vida. Era a filla máis nova de Fernando Ruiz de Castro Osorio, cuarto conde de Lemos, e de Teresa de Andrade, filla do conde Fernando de Andrade. Isabel casou en 1555 co, tamén poeta, Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo, quen herdara o condado de Altamira, de quen ela recibiu o título. miniatura|Artigo de Eugenio Carré. Coñéceselle algunha obra poética en castelán ("A la rosa") e mais un único soneto en galego, "Soneto de la Señora Dona Isabel de Castro y Andrade a Don Alonso de Ercilla", que é unha das poucas pezas literarias cultas que se conservan dos Séculos Escuros. O soneto, datado en 1578, está dedicado ao escritor castelán Alonso de Ercilla, co gallo da publicación da segunda parte da súa obra épica La Araucana.

A súa vila natal honrouna cun monólito en 1975.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Literatura galega dos Séculos Escuros

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Séculos Escuros Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en 1528 Categoría:Finados en 1582 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Condes de Galicia