250px|miniatura|Barrios do distrito de Sant Martí Sant Martí é un distrito da cidade de Barcelona, en Cataluña, situado ao leste da cidade. Limita co concello de Sant Adrià de Besòs, os distritos de Ciutat Vella, Eixample, Horta-Guinardó e Sant Andreu, e co mar Mediterráneo.
A orixe do distrito está no antigo concello de Sant Martí de Provençals, independente entre 1714 e 1897, cando foi agregado ao concello de Barcelona.
O distrito de Sant Martí concentra a maior parte das praias de Barcelona nos seus 2.675 metros de litoral. Con 1.052,4 hectáreas e 231.855 habitantes (2009), é o cuarto distrito da cidade en extensión e o segundo en poboación.
Barrios O distrito de Sant Martí está formado por dez barrios: El Camp de l'Arpa del Clot El Clot El Parc i la Llacuna del Poblenou La Vila Olímpica del Poblenou El Poblenou Diagonal Mar i el Front Marítim del Poblenou El Besòs i el Maresme Provençals del Poblenou Sant Martí de Provençals La Verneda i la Pau
Véxase tamén
Ligazóns externas Blog de información
Categoría:Distritos de Barcelona