Ao vivo é un disco en directo do grupo de folk galego Luar na Lubre. Publicouse o 31 de marzo de 2009, baixo o selo Warner Music.
Trátase do primeiro álbum en directo do grupo, gravado os días 22 e 23 de xaneiro de 2009 no Teatro Colón da Coruña. Os produtores artísticos foron Bieito Romero e Xabier Ferreiro e as mesturas fixéronse nos estudos Bruar da Coruña.
Lista de cancións "Costa da Morte" – (5:34) "Chove en Santiago" – (4:57) "María Soliña" – (2:41) "Britonia" – (5:13) "Axéitame a polainiña" – (4:27) "Tu gitana" – (4:29) "Danzando nos confíns" – (3:00) "Romeiro ao lonxe" – (4:45) "O son do ar" – (7:19) "Nau" – (3:48) "Gallaecia" – (4:54) "Pousa" – (4:19) "Memoria da noite" – (7:29) "Os animais" – (4:54) "Camariñas" – (4:32) "Hai un paraíso" – (4:48) "Devanceiros" – (8:52) "El derecho de vivir en paz" – (3:03)
Colaboracións Luz Casal, no tema "Camariñas". Diana Navarro, no tema "Romeiro ao lonxe". Pedro Guerra, no tema "Memoria na noite". Ismael Serrano, no tema "El derecho de vivir en paz".
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo
Categoría:Álbums musicais de 2009 Categoría:Álbums de Luar na Lubre Categoría:Álbums en directo