Iepen Fryske Kampioenskippen Skûtsjesilen (IFKS) é unha asociación frisoa formada o 19 de decembro de 1981 en Hindeloopen, o seu principal labor é organizar unha competición de skûtsje, unha variedade frisoa do tsjalk. A IFKS xurdiu como consecuencia e en protesta da decisión que tomou en 1979 a Sintrale Kommisje Skûtsjesilen (SKS) de limitar a súa competición a 14 navíos .

Historia A IFKS organizou de 1982 a 1984 a súa competición nunha soa clase na que loitaban todos os skûtsje participantes. En 1985 introduciuse unha clase B e implantouse un sistema de descenso e promoción que levaba a que os tres últimos participantes na clase A baixasen á clase B e os tres primeiros desta ascenderan á A. En 1993, debido ao aumento dos candidatos a participar, estableceuse unha clase C e en 1995 unha clase especial para os navíos máis pequenos, os dunha lonxitude máxima de 17.1 metros. O gañador da clase B pequena pode pasar á clase A, así o fixo o gañador de 1997, Peter de Koe. En 1999 a clase B dividiuse en clase B1 e B2, o que permitiu aumentar o número de participantes. En 2002 volveuse ao sistema de catro clases (A, B, C e A pequena)

Competición A asociación organiza sete regatas organizados por seis comités locais na terceira e última semana da Bouwvakvakantie, período de vacacións nos Países Baixos nos que pechan as industrias da construción, e despois da competición da SKS.

lugardíaHindeloopensábadoStarumlunsHeechmartesSleatmércoresYchtenbrêgexovesDe LemmervenresDe Lemmer (final)sábado

Gañadores da clase A Capitán || bgcolor=DDDDDD |Número Nome do skûtsje || bgcolor=DDDDDD |Campión en Nico Hoek <center> 2 Lutgerdina Smeltekop 1982 - 1983 Age Bandstra <center> 4 Hoop op Welvaart 1984 - 1986 - 1991 - 1992 Jan Bakker <center> 1 Hollandse Nieuwe 1985 André Hoek <center> 1 Oeral Thús 1987 Jan de Boer <center> 1 Twee Gebroeders 1988 Eldert Sietesz Meeter <center> 2 Vriendschap 1989 - 1990 Sieb Meijer <center> 4 Jonge Jasper 1993 - 1996 - 1998 - 1999 Jitse Grondsma <center> 2 Woeste Oane 1994 - 1995 Tony Brundel <center> 4 Lytse Lies 1997 - 2005 - 2006 - 2008 Jacob Huisman <center> 2 Ut 'e striid 2000 - 2001 Eelke Dijkstra <center> 2 Oude Zeug 2002 - 2003 Jeroen de Vos <center> 1 Eelkje II 2004 Walter de Vries <center> 1 Goede Verwachting 2007 Jelle Talsma <center> 1 De Jonge Jan 2009 Delmer Los <center> 1 Grutte Pier 2010

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Sneekweek Bontekoerace

Ligazóns externas Web oficial da IFKS

Categoría:Competicións de vela