Anievas é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Los Corrales de Buelna e San Felices de Buelna, polo oeste e sur con Arenas de Iguña e polo leste con Corvera de Toranzo. Este pequeno municipio, situado no centro xeográfico de Cantabria é un pequeno vale da cunca do río Besaya.
Localidades Os 361 habitantes de Anievas (INE, 2008) distribúense polas seguintes localidades: Barriopalacio, 102 hab. Calga, 47 hab. Cotillo (Capital), 129 hab. Villasuso, 83 hab.
Economía
A principal actividade económica é a gandaría e a agricultura. Anievas presenta un equilibrio económico entre os sectores económicos, posto que o sector primario emprega o 23,5% da poboación, o secundario o 37,4%, e o terciario o 39,1%.
Festas
26 de xullo, Santa Ana (Villasuso). 5 de agosto, A Virxe das Neves (Cotillo). 15 de agosto, A Nosa Señora da Asunción (Barriopalacio). 16 de agosto, San Roque (Calga).
Demografía
Administración
José Díaz Gómez (PP) é o actual alcalde do municipio, tras revalidar o seu cargo nas eleccións municipais de 2007. Nestas táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas no ano 2003 e 2007.
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 199 43,75 % 5 PRC 59 18,61 % 1 PSOE 53 16,72 % 1
Alcalde electo: José Díaz Gómez (PP).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PP 178 58,36 % 5 PRC 70 22,95 % 1 PSOE 48 15,74 % 1
Alcalde electo: José Díaz Gómez (PP).
Patrimonio Ten dous dos bens de interese cultural de Cantabria. Por un lado, a igrexa de San Andrés en Cotillo, con categoría de Monumento. Por outro lado, é un dos municipios polos que se estende o Conxunto arqueolóxico de Espina del Gallego, Cildá, El Cantón e Campo de Las Cercas canda Corvera de Toranzo, Molledo, Arenas de Iguña, San Felices de Buelna e Puente Viesgo.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina de Anievas Información sobre Anievas en Cantabria Joven
Categoría:Concellos de Cantabria