A Copa EHF foi unha competición entre clubs de balonmán europeos organizada pola Federación Europea de Balonmano (EHF), que se disputou anualmente dende a tempada 1993-94 ata a 2011-12 e na que competían representantes das Ligas Europeas de Balonmán, se ben dende a tempada 1981-82 se disputou baixo o nome de Copa IHF e nela competiron equipos non europeos. Estaba considerada a terceira competición a nivel continental pola categoría dos clubs que participaban nela, trala Liga de Campións e a Recopa de Europa.

Nas súas orixes, estaba organizada pola Federación Internacional de Balonmán (IHF), ata a tempada 1992-93 e participaban tamén clubs non europeos. Durante este período a competición era denominada Copa IHF.

A partir da tempada 1993-94, o número de representantes das ligas mellor valoradas na clasificación da EHF aumentou, polo que a competición se pechou a equipos europeos e pasou a ter a denominación actual.

A partir da tempada 2012-13, deixou de disputarse trala unificación desta coa Recopa, dando como resultado a EHF European Cup, unha Copa á que van os mellores equipos non clasificados para a Liga de Campións ademais dos campións das copas nacionais. Un dos cambios máis importantes da competición foi que a final comezou a disputarse a un só partido e en campo neutral. Finalmente a competición continuou denominándose Copa EHF.

Categoría masculina Fases finais

<p align="center">Copa EHF TemporadaCampiónSubcampiónResultadoAdestrador camp. 2018-2019 THW Kiel Füchse Berlin 26-22 2017-2018 Füchse Berlin Saint-Raphaël VHB 28-25 2016-2017 Frisch Auf Göppingen Füchse Berlin 30-22 2015-2016 Frisch Auf Göppingen HBC Nantes 32-26 2014-2015 Füchse Berlin HSV Hamburg 30-27 Dagur Sigurðsson 2013-2014 SC Pick Szeged Montpellier AHB 29-28 Juan Carlos Pastor 2012-2013 Rhein-Neckar Löwen HBC Nantes 26-24 Guðmundur Guðmundsson 2011-2012 Frisch Auf Göppingen Dunkerque HB 26-26 34-28 Velimir Petkovic 2010-2011 Frisch Auf Göppingen TV Großwallstadt 23-21 26-30 Velimir Petkovic 2009-2010 TBV Lemgo Kadetten Schaffhausen 24-18 28-30 Volker Mudrow 2008-2009 VfL Gummersbach RK Gorenje 29-28 26-22 Sead Hasanefendić 2007-2008 HSG Nordhorn FCK Copenhague 31-27 31-30 Ola Lindgren 2006-2007 SC Magdeburg CAI Aragón 30-30 31-28 Bogdan Wenta 2005-2006 TBV Lemgo Göppingen 30-29 25-22 - 2004-2005 TUSEM Essen SC Magdeburg 22-30 31-22 - 2003-2004 THW Kiel BM Altea 32-28 27-19 Zvonimir Serdarusic 2002-2003 FC Barcelona Dynamo Astrakhan 23-35 33-26 Valero Rivera 2001-2002 THW Kiel FC Barcelona 36-29 24-28 Zvonimir Serdarusic 2000-2001 SC Magdeburg RK Metkovic Jambo 23-22 28-18 - 1999-2000 RK Metkovic Jambo SG Flensburg 24-22 23-25 - 1998-1999 SC Magdeburg BM Valladolid 21-25 33-22 - 1997-1998 THW Kiel SG Flensburg 35-23 21-26 Zvonimir Serdarusic 1996-1997 SG Flensburg Virum Sorgenfri 22-25 30-17 - 1995-1996 BM Granollers Shakhtar Donetsk 28-18 27-28 - 1994-1995 BM Granollers Polyot Cheljabinsk 24-26 23-21 - 1993-1994 BM Alzira Avidesa Linde Linz 23-19 22-21 -

Palmarés por equipos EquipoCampiónAnos Campión SC Magdeburg<center>31999, 2001, 2007 THW Kiel<center>31998, 2002, 2004 BM Granollers<center>21995, 1996 TBV Lemgo<center>22006, 2010 Frisch Auf Göppingen<center>22011, 2012 SG Flensburg<center>11997 RK Metkovic Jambo<center>12000 FC Barcelona<center>12003 BM Alzira Avidesa<center>11994 TUSEM Essen<center>12005 HSG Nordhorn<center>12008 VfL Gummersbach<center>12009 SC Pick Szeged<center>12014 Rhein-Neckar Löwen<center>12013 Füchse Berlin<center>12015

Palmarés por ligas PaísCampións Handball-Bundesliga<center>16 Liga ASOBAL<center>4 Liga de balonmán de Croacia<center>1 Liga de balonmán de Hungría<center>1

Véxase tamén Outros artigos Copa IHF Federación Europea de Balonmán (EHF) Copa de Europa de balonmán Supercopa de Europa de balonmán Recopa de Europa de balonmán EHF Challenge Cup

Ligazóns externas Páxina web da EHF

Categoría:Competicións de clubs de balonmán de Europa