Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Traxectoria Viviu en Lugo, onde traballou como funcionario da Deputación Provincial dedicándose aos estudos musicais e a actividades artísticas e culturais. Estudou solfexo e canto con Xoán Montes co que mantivo unha grande amizade. Presidente da Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, foi membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e un dos fundadores da Real Academia Galega.Real Academia Galega

Obras Estudio sobre los orígenes y desarrollo de la música popular gallega, 1892. Monografía sobre la música patriótica española, 1901. Del piano y de las pianistas, 1905.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Musicólogos de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1940