A historia de Exipto abrangue a historia de Exipto e a dos seus estados predecesores, coñécese de maneira practicamente ininterrompida desde hai máis de 5 000 anos, o que fai dela a de maior duración da humanidade.
Idade Antiga
Antigo Exipto
Os primeiros tempos históricos son os do Exipto faraónico, unha civilización formada a finais do IV milenio a. C., no final do Neolítico, arredor do cultivo que permitían as crecidas periódicas do Nilo. Esta é a civilización que construíu as pirámides.
Período grecorromano
O declive deste imperio a partir do I milenio a. C. permitiu que fose conquistado por potencias estranxeiras e, finalmente polos gregos no 332 a.C. e polos romanos no 30 a. C. No Exipto dos primeiros séculos da Era Cristiá fermentaron algúns movementos decisivos no futuro do cristianismo, como o eremitismo, e a súa teoloxía desenvolveuse profundamente desde Alexandría.
Idade Media
Conquista árabe Coa conquista de Exipto polos árabes en 641, deuse outra mudanza substancial, xa que pasou a facer integral parte do mundo árabe. Pertenceu a sucesivos califatos e dinastías de diversas orixes até ser conquistado polos otománs en 1517.
Idade Moderna
Imperio Otomán
Exipto resultou sempre unha provincia difícil de controlar e estivo baixo o control dos semi-autónomos mamelucos até ser conquistada polos franceses en 1798.
Muhammad Alí e os seus sucesores
Muhammad Alí modernizou Exipto e elevouno á categoría de potencia rexional, o que lle permitiu funcionar de maneira moi autónoma dentro do Imperio Otomán. Os gobernantes que o seguiron avanzaron na modernización mais levaron o país á bancarrota, permitindo así a intervención do Reino Unido.
Idade Contemporánea
Entre 1882 e 1992, Exipto foi unha colonia do Imperio Británico. Nesta data concedéuselle a independencia, que non foi efectiva (coa retirada das tropas británicas) até 1952, cando os "oficiais libres", liderados por Gamal Abdel Nasser, destronaron o rei Farouk.
Véxase tamén Outros artigos Lista de faraóns Mitoloxía Exípcia
Ligazóns externas A Civilización Exipcia - O Exipto Antigo
Categoría:Historia de Exipto