O RC Toulon é un club profesional de rugby da cidade francesa de Toulon, fundado no ano 1908, que compite na máxima categoría do campionato francés, o Top 14.
Historia RC Toulon é un club clásico da liga nacional de rugby francesa, chegando a finais en 6 décadas distintas. O seu primeiro título chegou en 1931. Logo perdeu a final nos anos 1948, 1968, 1971 e 1985, gañou o seu 2º título en 1987, volveu a perder a final de 1989, e en 1992 gañou por 3ª ocasión a liga.
A pesar do alto nivel competitivo que tiña o club, foi descendido administrativamente no ano 2000 por mor dunhas débedas superiores ós 10 millóns de francos.
Nos últimos anos, dende a chegada dun novo presidente, polo club teñen pasado grandes estrelas do rugby, primeiro co obxectivo de ascender ó Top 14, e unha vez acadado o ascenso na tempada 2007/08, co obxectivo de acadar o campionato francés. Jonny Wilkinson foi un deses grandes xogadores chegados ó RC Toulon, así como Victor Matfield, George Gregan, Andrew Mehrtens, Tana Umaga, George Smith, Pierre Mignoni, Paul Sackey ou Felipe Contepomi.
Na tempada 2009/10 o club chegou á final da European Challenge Cup por vez primeira, caendo fronte a Cardiff Blues. Tamén rematou a tempada 2º na táboa lo Top 14, caendo logo en semifinais.
Na tempada 2011/12 o RC Toulon chegou ás finais do Top 14 de la Challenge Cup, caendo en ámbalas dúas.
Na tempada 2014/15 o equipo acadou o seu terceiro título consecutivo na competición máis importante de rugby union entre clubs europea e logrou o 1º posto na fase de liga do Top 14 2014-2015, aínda que despois na final dos playoffs perdeu o título co Stade Français.
Palmarés Top 14 (4): 1931, 1987, 1992, 2014 Copa de Campións Europea de Rugby (1): 2014/15 Heineken Cup (2): 2012/13, 2013/14 Rugby Pro D2 (2): 2004/05, 2007/08 Challenge Yves du Manoir (2): 1934, 1970
Competicións continentais CompeticiónTítulos2016151413121110 09 08070605040302010099989796 Copa de Campións Europea de Rugby 15px Copa de Europa 3 - CCC¼ CompeticiónTítulos2016151413121110 09 080706050403020100999897 20px European Rugby Challenge Cup 15px Challenge Cup 0 F Fg g g g¼ C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.
Tempada actual
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club
Toulon