O calimochoEntrada en digalego.xunta.gal., do éuscaro kalimotxo, é un combinado de viño tinto e refresco carbonatado de cola, preparado en diversas partes con distintos nomes e variantes na súa mestura.
Preparación miniatura|150px|Vaso de plástico grande de kalimotxo.
Acostúmase usar viño de mesa polo seu prezo accesible e porque o refresco oculta as propiedades dos viños máis caros. Dado que é unha bebida usada en festas populares, adóitaselle engadir xeo para arrefrialo.
En ocasións engádeselle un pouco de licor, ben de bebidas espirituosas (vodka ou ron), ben doutros licores (sabor a amorodo), ben viño branco, ou ben outros refrescos con sabor a laranxa ou limón.
É frecuente o seu uso nos botellóns. A preparación máis frecuente, por comodidade e economía, é a mestura a partes iguais de dous tetrabricks de viño (formato habitual do viño barato) e dous litros de cola.
Nome A orixe do nome non está clara. Na década de 1970 era coñecido segundo as zonas como cuba libre pobre ou rioja libre. Segundo a sabedoría popular, o termo "kalimotxo" procede do éuscaro. En 1972, nas festas de Getxo (Biscaia) a mestura foi chamada así polo grupo de amigos Antzarrak"En el nombre del kalimotxo" , artigo en El Correo Digital, 10 de setembro de 2006 .. Nunha txosna (caseta con barra de bar) tiñan o viño picado, e para non tiralo mesturárono con cola. Os artífices foron dous rapaces alcumados Kalimero e Motxo que deron nome á bebida. O termo iríase estendendo por Euskadi e pola Península Ibérica.
Notas
Categoría:Bebidas alcohólicas Categoría:Cóctel Categoría:Gastronomía de España