Margarita García San Segundo, coñecida como Ágata Lys, nada en Valladolid o 3 de decembro de 1953 e finada o 12 de novembro de 2021Ágatha Lys murió hace más de un mes, en el más triste olvido., rtve.es ., foi unha actriz española que gañou notoriedade a raíz dos seus destapes no cinema español do tardofranquismo así como pola súa participación no progama de TVE Un, dos, tres... responda otra vez (1972).
Traxectoria Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Valladolid e Arte Dramática en Madrid. Ao tempo que estudaba arte dramática debutou ante as cámaras de televisión como azafata del concurso Un, dos, tres... responda otra vez (1972), de TVE, onde impactou pola súa beleza e a súa voz. Non pasou desapercibida para a industria do cinema e ás poucas semanas deixou o programa para debutar no cinema.
As súas personaxes axiña quedaron marcadas pola espectacular presenza de Lys. Unha vez iniciada a transición e a normalización do cinema español despois de corenta anos de censura política e relixiosa converteuse nun mito. Tras esta etapa, en 1978 afastouse da gran pantalla, á que só volveu en contadas ocasións para colaborar en títulos como Los santos inocentes (1984), de Mario Camus, The Return of the Musketeers (1989), de Richard Lester, Taxi (1996) de Carlos Saura o Familia (1996), de Fernando León de Aranoa.
Filmografía Ano Título Director 1972 Detrás del silencio Mario Bianchi 1972 Ella Tulio de Michelli 1972 Un, dos, tres, dispara otra vez Tulio de Michelli 1972 Vacaciones sangrientas J.J. Bernos 1972 El juego del adulterio Tato Romero Marchent 1973 El último viaje De la Loma 1973 Las alegres vampiras de Vogel Julio Pérez Tabernero 1973 Los fríos senderos del crimen C. Aured 1973 Los Calatrava contra el imperio del crimenManuel Esteba 1973 Tres superhombres en el Oeste Fred Martin 1974 Onofre Luis María Delgado 1974 Sex o no sex Julio Diamante 1974 La iniciación en el amor Javier Aguirre 1974 Las marginadas Iquino 1974 Me has hecho perder el juicio Juan de Orduña 1974 Una mujer de cabaret Pedro Lazaga 1974 La máscara de cuero Mario Bianchi 1975 El valle de las viudas F.Windder 1975 Último tango en Madrid J.L. Madrid 1975 Sábado, chica, mote... ¡qué lío aquel! J.L.Merino 1975 El erotismo y la informática F.Merino 1975 La noche de los cien pájaros R.R. Marchent 1975 Strip-tease a la inglesa J.L.Madrid 1975 Pascualino Camarata, capitano di fragata M. Amendola 1976 Las camareras Joaquín Coll Espona 1976 Fango Silvio F.Balbuena 1976 La nueva Marilyn J.ª de la Loma 1976 Las desarraigadas Lara Polop 1976 Sexi amor y fantasía F. Domeneq 1977 El transexual Pepe Lara 1977 Deseo carnal Manuel Iglesias 1977 El huerto del francés Jacinto Molina 1977 Avisa a Curro Jiménez Rafael R. Marchent 1978 Trauma Leon Climovski 1978 Pasión incofesable Ramón Torrado 1978 Al fin solos, pero... Antonio Jiménez Rico 1979 Una mujer y un cobarde Silvio F. Balbuena 1984 Los santos inocentes Mario Camus 1989 El regreso de los mosquiteros Richard Lester 1995 Asunto interno Carles Balaguer 1996 Taxi Carlos Saura 1996 El fantasma de Elvis (curtametraxe) Ángel García 1996 Familia Fernando León de Aranoa 1997 Pintadas Juan Sterlich 2000 Corazón de bombón Álvaro Sáenz de Heredia 2003 Haz conmigo lo que quieras Ramón de España 2003 Cómo afrontar con éxito una entrevista de trabajo (curta) Gustavo G.Brusilovsky 2004 Mala uva Javier Domingo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da actriz
Categoría:Actores de Castela e León Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 2021