Berta Collado Rivera nada en Talavera de la Reina (provincia de Toledo) o 3 de xullo de 1979, é unha presentadora e periodista española.

Traxectoria Creceu en Navalmoral de la Mata (provincia de Cáceres) debido á vida profesional dos seus pais. Realizou traballos de prensa escrita en varias empresas e gabinetes de comunicación. Comezou no periodismo con 20 anos, chegando a licenciarse, e compaxinando a súa carreira con diferentes traballos relacionados co sector. Nada máis finalizar a súa carreira, realizou un máster en comunicación televisiva.

Ademais, antes xa realizara un curso en TVE de locución e presentación de programas de televisión e un ano de interpretación. Comezou en televisión no ano 2004, concretamente na cadea de televisións locais Punto TV, pertencente ao grupo Vocento.

En Onda 6 foi presentadora da segunda tempada do programa Do U Play?, dirixido por Nacho Niño. Máis tarde, os canais AXN e Sony en VEO contaron con ela para presentar o seu programa Insert Coin. Ademais, realizou traballos de modelo publicitaria para varias marcas, prestando a súa imaxe para Deuralde, protagonizou un vídeo das Fuerzas Armadas Profesionales, e colaborou en curtas.

No 2006 copresentou e fixo reportaxes no programa deportivo de Cuatro, Maracaná 06. En xaneiro de 2007 fixo de reporteira para Cuatro en U.V.E., producido por Cuarzo Producciones. O 3 de marzo de 2007 comezou a presentar Esta tarde con esta gente, un programa de humor producido por Zeppelin TV que só durou dúas fins de semana.

O 5 de novembro de 2007 incorporouse ao programa de La Sexta Sé lo que hicisteis... como reporteira de eventos políticos e deportivos, interpretando cada vez personaxes máis diversas. En outubro de 2008, Berta protagonizou a campaña "Somos Extremadura", con anuncios en solitario e xunto a outros personaxes famosos. En novembro de 2008, cando cumpriu un ano da súa incorporación a Sé lo que hicisteis..., Berta deixou o programa Insert Coin, que presentaba dende hai dous anos e medio, xa que o seu traballo como reporteira ocupaba case todo o seu tempo.

En febreiro de 2009, apareceu na portada da revista para homes FHM. En xuño de 2009, Berta foi nomeada a 22ª muller máis sexy do mundo polos españois votantes da prestixiosa revista FHM, onde apareceu na súa portada en febreiro.

No verán do 2009, Berta volveu a ter máis protagonismo en Sé lo que hicisteis.... Durante as vacacións do seu compañeiro Dani Mateo, Berta substitúeo facendo a sección de noticias "Berta y la actualidad". E no mes de agosto, cubriu as vacacións do seu compañeiro, Miki Nadal, facendo a súa sección. A principios do 2010, Berta Collado renovou o seu contrato con La Sexta e ademais de reportaxes e sketchs conta cunha sección diaria no plató. O 25 de febreiro do 2010 presentou, de forma puntual, o programa enteiro e por primeira vez, substituíndo á presentadora Patricia Conde. A partir do 5 de xullo do 2010, Berta converteuse na presentadora substituta do programa durante as vacacións de Patricia Conde e o programa pasou a chamarse "Sé lo que hicisteis.. verano".

En abril do 2010 anunciouse durante o Festival de cine español de Málaga que protagonizaría a súa primeira película, “Sin cita previa”, ó carón do seu compañeiro televisivo Miki Nadal. A rodaxe empezaría despois do verán, compaxinando o programa coa rodaxe e filmando as fins de semana, pero ao rexeitar Miki Nadal o papel na película, tal como anunciou no seu Twitter, Berta seguiu os pasos do seu compañeiro e non vai a interpretar o papel de protagonista en dita película.

Foi elixida polos lectores de terra.es a mellor reporteira da TV. Está considerada unha das 10 mulleres máis sexys de España. Movistar joven elixiuna 'La chica de la semana' en agosto do 2010. No 2010, foi nomeada a 11ª muller máis sexy do mundo e 7ª polos españois votantes da revista FHM. En outubro do 2010 foi portada da revista Must! magazine.

Foi galardoada co premio Top Glamour Mujer del Año á mellor comunicadora. O 11 de novembro do 2010 foi recoñecida como Rostro Revelación 2010.

No verán de 2016 substitúe a Inés Ballester como presentadora no programa Amigas y conocidas de TVE do que forma parte como colaboradora habitual desde 2015.

Televisión Do U Play (Onda 6). Insert Coin (AXN e Sony TV) Maracaná 06 (Cuatro). U.V.E (Cuatro). Como te lo cuento.... (Localia TV). El ojo público (La Primera de TVE). Esta tarde con esta gente (Cuatro). Sé lo que hicisteis... (La Sexta). El Club del chiste (Antena 3) Museo Coconut (Neox) Amigas y conocidas (La 1)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de Berta Collado Berta Collado y Miki Nadal rodarán en Málaga 'Sin cita previa'

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Talavera de la Reina Categoría:Presentadores de televisión de Castela-A Mancha Categoría:Modelos femininas de España