O Club Deportivo Cajamadrid foi un equipo de balonmán da localidade de Alcalá de Henares, Madrid (España). Foi un dos clubs históricos de finais da década dos 80 no Estado español e en Europa.

Historia O CD Cajamadrid foi fundado en 1978 pola Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Madrid en apoio ao deporte madrileño, un dos seus fundadores foi Jesús López Ricondo, que foi presidente do club dende a súa fundación en 1978 ata 1987. O Cajamadrid participou na División de Honra e na Liga ASOBAL de balonmán, ademais de competir en competicións europeas como a Copa IHF, da que foi semifinalista nas tempadas 1988-89 e 1989-90. Nas competicións domésticas cómpre salientar os subcampionatos da Liga ASOBAL (1987-88), Copa do Rei (1993-94 como Juventud Alcalá) e Supercopa de España (1989-90).

Ademais da sección de balonmán, o club contaba con outras dúas seccións: unha sección de baloncesto cun equipo na Primeira División (categoría de prata logo da ACB), e unha sección de ciclismo cun equipo afeccionado.

En 1991 a entidade financeira decidiu eliminar este club deportivo, cedendo a estrutura deportiva ao Juventud Alcalá, ao cal patrocinou durante os catro anos seguintes.

Xogadores históricos NºNOMEESTATURAPESONACIONALIDADEPOSICIÓN1Manolo Gutierrez1,858025px|España EspañaPortero2Eduardo Martinez "Cihuri"1,959225px|España EspañaLateral3Jovan Elezovic1,949025px|Iugoslavia IugoslaviaLateral4Javier Reino1,969425px|España EspañaLateral, Extremo, Central5Miaden Lakovic1,929225px|Iugoslavia IugoslaviaPivote6Zoran Puzovic1,979125px|Iugoslavia IugoslaviaExtremo esquerdo

Notas Web do club extinto Caja Madrid, información corporativa. Patrocinios deportivos O balonmán en Alcalá Jesús Lopéz Ricondo, presidente do CD Caja Madrid Datos do pavillón Caja Madrid

Cajamadrid Categoría:Deporte en Alcalá de Henares