José Antonio Feijoo Alonso, nado en 1950, é un empresario e político galego.
Traxectoria Empresario. Concelleiro en Xinzo de Limia con Centristas de Galicia e o PPdeG, baixo os gobernos de Isaac Vila. En 1999 presentouse por Coalición Galega á alcaldía, pactando co PSdeG e o BNG e rotándose na alcaldía co socialista Gonzalo Iglesias Sueiro, sendo alcalde dende 2001 ata as municipais de 2003,Concello de Xinzo de Limia. www.ourensedixital.com, 07/2007. nas cales perdeu o goberno tras recuperalo PPdeG a maioría absoluta.
Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Baltar e foi elixido alcalde con maioría absoluta, sucedendo a Silvestre Rodríguez Lorenzo. Foi tamén deputado provincial na Deputación de Ourense. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde de Baltar, tamén con maioría absoluta. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas seguintes eleccións de 2015, 2019 e 2023.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Baltar Eleccións municipais en Xinzo de Limia
Categoría:Alcaldes de Baltar Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Xinzo de Limia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1950