Annie Leonard, nada en Seattle, Washington en 1964, é unha experta en materia de comercio internacional, cooperación internacional, desenvolvemento sostíbel e saúde ambiental estadounidense. Fíxose moi coñecida sobre todo polo seu documental A historia das cousas (The Story of Stuff), que trata sobre o ciclo vital de bens e servizos. Outros documentais que realizou posteriormente foron A historia dos cosméticos e A historia da auga embotellada, onde anima a que os consumidores esixan aos seus gobernos leis con produtos inocuos e respectuosos co medio ambiente.
Traxectoria Leonard ten unha licenciatura do Barnard College e un título da Universidade Cornell en planificación urbana e rexional. Protagoniza A historia das cousas, un documental sobre o ciclo de vida de bens e servizos. Ralph Nader denomina o documental "un modelo de claridade e motivación".
Leonard é coordinadora de Global Alliance for Incinerator Alternatives (Alianza Global para Alternativas á Incineración) e participa nas xuntas directivas do International Forum for Globalization e a Environmental Health Fund.
Anteriormente ocupou cargos co Health Care Without Harm (Coidado da Saúde Sen Dano), Essential Information (Información esencial) e Greenpeace, e actualmente é coordinadora do Grupo de traballo de Patrocinantes para a Produción e Consumo Sostíbeis En 1992 declarou fronte ao Congreso dos Estados Unidos sobre o tema do tratamento internacional do lixo.Op Cit
Leonard vive en California coa súa filla.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Story of Stuff A historia das cousas, en español, en Google Video Visión alternativa sobre o "Cap-and-Trade" (límite e comercio), que se estableceu no Protocolo de Kioto como o principal instrumento para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro
Categoría:Ecoloxismo Categoría:Conservacionismo e biodiversidade Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Seattle, Washington