dereita|miniatura|Fonte nos Casás (Agudelo, Barro) inaugurada sendo alcalde Landín Eirín. José Antonio Landín Eirín, nado en Barro o 13 de xuño de 1948, é un médico xubilado e político galego.

Traxectoria Estudou Medicina e traballou no Complexo Hospitalario de Pontevedra. En 1979 encabezou a candidatura de Coalición Democrática en Barro e foi elixido concelleiro. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi elixido alcalde por maioría simple. En 1987 e 1991 foi reelixido con maioría absoluta. En 1989 a Audiencia Provincial de Pontevedra condenouno a seis anos e un día para o desempeño de cargos públicos por un delito de prevaricación. A sentenza fíxose efectiva en maio de 1992, cedendo en outubro o seu cargo ao entón tenente de alcalde Juan Manuel Salgado Feijoo. Nas eleccións de 1995 foi a súa muller, María Teresa Roig, quen encabezou a lista do Partido Popular, logrando a alcaldía con maioría absoluta e sendo Landín o seu asesor.

Volveu á alcaldía tralas eleccións municipais de 1999, logrando de novo a maioría absoluta á fronte do PPdeG. Revalidou a alcaldía en 2003, 2007 e 2011, tamén con maioría absoluta. Nas eleccións de 2015 perdeu a maioría absoluta, polo que tivo que cederlle a alcaldía ó candidato do BNG Xosé Manuel Fernández Abraldes.

No ano 2005 presentou un proxecto para construír o chamado "Monumento Nacional ao Inmaculado Corazón de María", un obelisco de 38 metros de altura, no alto do monte da Chan, sobre un asentamento arqueolóxico de tipo castrexo.

Foi deputado provincial e membro da directiva provincial do PPdeG de Pontevedra.

Volveu encabezar a candidatura do PPdeG en Barro nas municipais de 2019 perdendo un concelleiro en beneficio do BNG, que revalidou a alcaldía con maioría absoluta. No ano 2022 e tras unha disputa coa dirección provincial do partido abandonou o PPdeG, ficando coa acta de concelleiro e xunto con outros dous ex concelleiros populares fundou un novo partido político a nivel autónomico chamado Xuntos por Galicia. Encabezou esta formación en Barro nas eleccións municipais de 2023 logrando 2 concelleiros, sendo a terceira forza política tralo BNG (que consevou a alcaldía) e o PSdeG-PSOE, se ben quedou por diante do PPdeG.

Vida persoal Está casado con María Teresa Roig Olona e ten tres fillos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Barro

Categoría:Alcaldes de Barro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Nados en 1948

Categoría:Nados en Barro Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes