O Cholet Basket é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Cholet, no País do Loira. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 2010 o club gañou o seu primeiro campionato de liga, o que supuxo o seu terceiro título importante tras gañar en 1998 e 1999 a Copa. O Cholet xoga os seus partidos como local en La Meilleraie, un pavillón con capacidade para 5 191 espectadores.
Historia O baloncesto chega á cidade de Cholet en 1928 coa creación da sección de baloncesto do club deportivo Jeune France por Jean Leroux. Coa ambición de chegar á Nationale 1, máxima categoría do baloncesto francés, os dirixentes da sección de baloncesto deciden abandonar o Jeune France e fundar en 1975 o Cholet Basket baixo a presidencia de Michel Léger. O club consegue o seu obxectivo en tan só doce anos, debutando na primeira división na temporada 1987−88. O equipo consegue manterse na categoría e aos poucos comeza a finalizar normalmente entre os dez primeiros clasificados. En 1999 o club gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia, conseguindo ademais clasificarse para xogar na Euroliga. Na máxima competición continental finalizou cun balance de tres vitorias e trece derrotas.
O club sempre destacou polo seu sistema de formación de novos xogadores. De feito, na temporada 2004−05, dos doce xogadores do equipo profesional, até dez viñan das categorías de formación do club. Algún exemplo destes xogadores son Antoine Rigaudeau, Jim Bilba ou Mickaël Gelabale. Na temporada 2008−09 o Cholet estivo a piques de gañar o seu primeiro título continental, mais perde na final do EuroChallenge (75–77) ante a Virtus Bologna. Porén, a decepción durou pouco, xa que no ano 2010 o equipo consegue gañar o seu primeiro título de Liga após acabar no primeiro lugar da clasificación e vencer na final dos play-offs polo título ao Le Mans. Grazas ao título o equipo volve a xogar a Euroliga para a temporada 2010–11, aínda que caen eliminados na primeira rolda con catro vitorias e seis derrotas. Destaca a súa vitoria por 82−78 ao Fenerbahçe Ülker, nesa altura invictos na competición. Na competición doméstica o equipo volve a ocupar o primeiro posto na liga, mais non consegue gañar ao título ao perder na final dos play-offs ante o SLUC Nancy. Despois de perder nas semifinais na temporada seguinte, o Cholet deixa de ocupar os primeiros postos da liga, converténdose nun equipo da zona da clasificación.
Ano a ano AnoNivelLigaCopaSupercopaCompeticións europeas2006–071 Pro A 7º Campión2007–081 Pro A 8ºSubcampiónCampión 3 FIBA EuroCup 2008–091 Pro A 9º Rolda de 32 3 EuroChallenge 2009–101 Pro A 1º Rolda de 64 Cuartos de final 2 Eurocup 2010–111 Pro A 2º Rolda de 32 Cuartos de final 1 Euroliga 2011–121Pro A 4ºSemifinaisCuartos de final 1 Euroliga 2 Eurocup 2012–131 Pro A 10º Rolda de 32 2 Eurocup 2013–141 Pro A 13º Rolda de 32 3 EuroChallenge 2014–151 Pro A 14º Rolda de 322015–161 Pro A 13º Rolda de 642016–171 Pro A 11º Rolda de 322017–181 Pro A 15º Rolda de 322018–191 Pro A 15º Rolda de 322019–201 Pro A 6º Rolda de 16 Cuartos de final2020–211 Pro A 14º Oitavos de final 3 Champions League 2021–221 Pro A 8º Rolda de 16
Xogadores Destacados
Valéry Demory Bruno Coqueran Stéphane Ostrowski Patrick Cham Antoine Rigaudeau Jim Bilba David Albert David Gautier Éric Micoud Aymeric Jeanneau Fabien Dubos Cédric Ferchaud Claude Marquis Mickaël Gelabale Cyril Akpomedah Steed Tchicamboud Nando de Colo Rodrigue Beaubois Fabien Causeur Rudy Gobert Jimmal Ball Scooter Barry Paul Fortier DeRon Hayes Mike Jones Micheal Ray Richardson James Blackwell Graylin Warner K'Zell Wesson Terrell Lyday Lamayn Wilson Taj Gray John Linehan Antywane Robinson Randal Falker Tony Stanley Chandler Parsons Michael Wright Samuel Mejia John Amaechi Tony Dorsey Artūras Karnišovas Arvydas Eitutavičius / Moon Tae-jong
Títulos Liga de Francia Campións (1): 2010 Subcampións (2): 1988, 2011
Copa de Francia Campións (2): 1998, 1999 Subcampións (2): 2005, 2008
Supercopa de Francia Campións (1): 2008
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Francia