José Antonio Vázquez García, nado en Lugo en 1955 e finado o 10 de setembro de 2021, foi un político galego.

Traxectoria Era enfermeiro de profesión. Concelleiro do PPdeG en Begonte ata 2007, nas municipais de 2007 encabezou a candidatura Independentes por Begonte (IBT), coa que foi elixido alcalde grazas a un pacto co PSdeG-PSOE e o BNG. En 2011 retirouse da candidatura independente, e regresou ás filas do PPdeG. Así integrouse na candidatura encabezada por José Ulla Rocha, e foi Isidro López quen encabezou a lista de Independentes por Begonte. Nas eleccións de 2011, saíu elixido concelleiro e ocupou a primeira tenza de alcaldía, que renovou tralos comicios de 2015 e 2019. Seguiu de concelleiro até o seu falecemento.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Begonte

Ligazóns externas Entrevista en El Progreso

Categoría:Alcaldes de Begonte Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Enfermeiros de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes