O Club Balonmano Ademar León é un equipo de balonmán da cidade de León, Castela e León (España). Actualmente compite na Liga ASOBAL, competición que gañou na tempada 2000-01.

Dende a tempada 2008-09 o equipo pasou a chamarse Reale Ademar León por motivos de patrocinio coa empresa aseguradora Reale.

O club posúe un equipo filial, o Universidad de León Ademar, que competiu no grupo B da 1ª División Estatal ata a tempada 2009-01, na que conseguiu o ascenso á División de Honra Prata.

Historia O club foi fundado 1956 e ata 1975 xogou en divisións inferiores a causa das carencias económicas que impedían ao club ascender de categoría. En 1975 ascendeu á 1ª División Estatal.

Na tempada 1995-96 conseguiu un sexto posto que lle permitiu disputar ao ano seguinte por primeira vez na súa historia nunha competición europea, a City Cup. Na tempada 1998-99 chegaron os primeiros títulos ás vitrinas do equipo leonés coa consecución do dobrete (Copa ASOBAL e Recopa de Europa). A súa primeira e ata a data única Liga do club chegou na tempada 2000-01, e na tempada seguinte conseguía tamén a súa única Copa do Rei. Gañou o seu último título na tempada 2008-09, ao conseguír a súa segunda Copa ASOBAL en Barcelona ante o FC Barcelona por 31-25.

Equipo 2010/2011 1 Vicente Álamo 2 Álvaro Cabanas 4 Jaime González 5 Iosu Goñi 6 Ander Ugarte 7 Gonzalo Carou 8 Ángel Montoro 9 Ricardo Costa 10 Jorge García Vega 11 Héctor Castresana 12 Jacob Melián  14 Juan Andreu 15 Jose Mario Carrillo 16 Denis Buntic 17 Denis Krivochlykov 18 Danil Chernov 20 Venio Losert 21 Mikel Aguirrezabalaga 22 Carlos Ruesga 23 Javier Ortigosa 24 20px Martin Stranovsky 25 Dalibor Cutura

Palmarés Liga ASOBAL: 1 título Campión: 2000-01 Subcampión: 1996-97 e 1998-99 Copa do Rei: 1 título Campión: 2001-02 Subcampión: 2006-07 e 2009-2010 Copa ASOBAL: 2 títulos Campión: 1998-99 e 2008-09 Subcampión: 1996-97, 1997-98, 2001-02 e 2007-08 Supercopa de España Subcampión: 2001-02 e 2002-03 Recopa de Europa: 2 títulos Campión: 1998-99 e 2004-05 Subcampión: 2000-01 e 2006-07

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do club balonmanoleon.com

Ademar León Categoría:Deporte en León