Nirvana é un box set de Nirvana editado en Europa en decembro de 1995 polo selo Geffen. Contén sinxelos dos dous álbums máis exitosos da banda, Nevermind e In Utero. Foi lanzado un ano despois da morte de Kurt Cobain e inclúe seis CDs: catro do Nevermind ("Smells Like Teen Spirit", "Come as You Are", "In Bloom" e "Lithium") e dous do In Utero ("Heart-Shaped Box" e "All Apologies"). A caixa non inclúe o terceiro sinxelo deste segundo álbum, "Pennyroyal Tea", que foi cancelado despois da morte de Cobain, aínda que milleiros de copias foron vendidas anticipadamente.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Kurt Cobain, agás onde se indique.
"Smells Like Teen Spirit" "Smells Like Teen Spirit" (edit) (Cobain/Grohl/Novoselic) – 4:39 "Even in His Youth" (Cobain/Grohl/Novoselic) – 3:06 "Aneurysm" (Cobain/Grohl/Novoselic) – 4:46
"Come as You Are" "Come as You Are" "Endless, Nameless" "School" [ao vivo, Paramount Theatre (Seattle, Washington) 31-10-1991] "Drain You" [ao vivo, Paramount Theatre (Seattle, Washington) 31-10-1991]
"In Bloom" "In Bloom" "Sliver" [ao vivo, O'Brien Pavilion (Del Mar, California) 28-12-1991] "Polly" [ao vivo, O'Brien Pavilion (Del Mar, California) 28-12-1991]
"Lithium" "Lithium" "Been a Son" [ao vivo, Paramount Theatre (Seattle, Washington) 31-10-1991] "Curmudgeon"
"Heart-Shaped Box" "Heart-Shaped Box" "Milk It" "Marigold" (Grohl)
"All Apologies/Rape Me" "All Apologies" "Rape Me" "Moist Vagina"
Categoría:Box Sets