San Salvador é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2016 tiña nove habitantes (tres homes e seis mulleres), catro menos ca en 2009 (cinco homes e oito mulleres nese ano). Toponimia O topónimo San Salvador (do latín ) é un haxiotopónimo referido a Xesús de Nazaret, e débese á presenza no lugar dunha ermida baixo dita advocación. Celébrase a festa do santo o 6 de agosto.

Xeografía

Sitúase na ladeira dun monte de forte pendente descendente en dirección leste. Linda con Liñares ao norte. Trátase dun núcleo non tradicional disperso de vivendas vinculadas a estrada A Baña - Carballeira. Catalogáronse cinco hórreos. Os cultivos presentes son pequenas hortas, froiteiras, vides nas zonas máis próximas ás vivendas e pastos, milleirais, eucaliptos e piñeiros nas máis afastadas.

Historia San Salvador da Baña foi unha parroquia do concello da Baña ata o inicio do século XX.

Notas

Lugares e parroquias Lugares da Baña

{| id="toc" style="margin: 0 2em 0 2em;" ! style="background:#ccccff" align="center" width="100%" |Lugares da antiga parroquia da San Salvador da Baña no concello da Baña (A Coruña)|| |- |align=center| Liñares | San Salvador | Vesía | Vilarnovo Parroquias da Baña

Categoría:Lugares da Baña