Xoán Antonio Pillado Silvoso, nado en Fefiñáns (Cambados) o 8 de xuño de 1948, é un mestre e político galego.
Traxectoria miniatura| Papeleta de Unidade Galega no Distrito electoral de Pontevedra nas Eleccións xerais de 1979. Profesor no CEIP de Castrelo e licenciado en Xeografía e Historia pola UNED. Formaba parte do Partido Socialista Galego, presentándose por Unidade Galega ás eleccións municipais de 1979. Foi o primeiro alcalde elixido democraticamente en Cambados. En 1983 presentándose como Unión Galega, revalidou a maioría absoluta. En 1987 Pillado Silvoso non se presentou e a candidatura de AP, encabezada por Antonio Pillado Montero fíxose coa maioría absoluta. Posteriormente foi concelleiro e responsable local do BNG en Cambados, volvendo a competir pola alcaldía baixo esta formación en 1995 e 1999, se ben non foi capaz de arrebatarlle o goberno ó PPdeG. No 2003 foi elixido de novo concelleiro polo BNG na candidatura encabezada por Roque Durán. Obra
Unha chea de refráns CEIP Castrelo (coordinador; 2008)
Confraría de Cambados : cen anos de historia (2017)
Onomástica popular cambadesa (2023; prólogo de Francisco Fernández Rei)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cambados
Categoría:Alcaldes de Galicia por UG Categoría:Alcaldes de Cambados Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cambados Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1948 Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Concelleiros de Cambados