Leopoldo Rubido Ramonde, nado en Cedeira o 28 de maio de 1942, é un profesor e político galego do PPdeG.

Traxectoria Graduado Social, é profesor de Ensinanza Media en excedencia. Foi nomeado alcalde de Cedeira en 1973, continuando no cargo ata as primeiras eleccións democráticas. En 1977 decidiu construír un monólito na honra de Franco, decisión que tivo unha forte contestación de parte dos veciños; finalmente o monólito foi inaugurado o 14 de maio por Gonzalo Fernández de la MoraInaugurado un monumento a Franco en Cedeira ABC, 15-5-1977, p. 8.. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde presentándose por Coalición Popular, Alianza Popular e PPdeG ata 1999. Tras unha paréntese de catro anos de goberno liderado polo BNG, Rubido volveu ser alcalde entre 2003 e 2007. En xuño de 2007 un pacto de goberno entre PSdeG-PSOE, BNG e TEGA fixo que tivese que abandonar a Alcaldía que pasou a mans do socialista José Luis Vergara. En 2011 volveu recuperar a alcaldía con maioría absoluta. A finais de 2013 anunciou a súa retirada como alcaldeEl regidor de Cedeira, Leopoldo Rubio, renuncia a su cargo tras 32 años de gobierno, La Voz de Galicia, 5/12/2013..

Leopoldo Rubido foi deputado provincial dende 1983. Foi senador pola provincia da Coruña na V e VI lexislaturas (1993-2000). Recoñecementos

En abril de 2016 o goberno de Mariano Rajoy concedeulle a encomenda de Afonso X O SabioEl Gobierno otorga la encomienda de Alfonso X El Sabio a Leopoldo Rubido, exalcalde del PP hermano del director de ABC. Vida persoal

É irmán do xornalista Bieito Rubido e do político Luís Rubido, que o continuou na alcaldía entre 2013 e 2015.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais en Cedeira

Ligazóns externas Ficha no Senado Leopoldo Rubido: «Quiero crear un gobierno que ilusione» Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Cedeira Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Nados en 1942 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes