José Luis Ramón Torres Colomer, nado en Ribeira o 22 de agosto de 1942, é un político galego.

Traxectoria Foi mariño mercante. Vinculado a UCD, foi Director Xeral de Pesca e Marisqueo (1978-1982) da Xunta de Galicia preautonómica. Foi candidato de UCD nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981 e asumiu a acta de deputado trala renuncia dun compañeiro en febreiro de 1982. Pasou a formar parte do PDP despois da disolución de UCD en febreiro de 1983. En outubro de 1983 foi nomeado Director Xeral de Cultivos Mariños da Xunta de Galicia, manténdose ata 1985. Volveu a ser elixido deputado no Parlamento de Galicia nas listas de Coalición Popular nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985. Foi elixido concelleiro en Ribeira en 1987 encabezando a candidatura da CPG, sendo tenente de alcalde en coalición con AP e CDS. Foi elixido de novo deputado autonómico, xa polo Partido Popular, tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989, onde se mantivo ata 1991 ao ser elixido alcalde de Ribeira con maioría absoluta. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas sucesivas eleccións ata que renunciou a presentarse como candidato nas Eleccións municipais de 2011, sendo substituído como candidato e, posteriormente, como alcalde por Manuel Ruiz Rivas. Ostentou varios cargos na Mancomunidade Arousa-Norte da que foi presidente en diversas ocasións de forma rotatoria cos demais alcaldes da comarca.

Foi Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias de 1992 a 1995. Foi deputado na Deputación da Coruña de 1995 a 2007, sendo Vicepresidente de 1995 a 1999, e Presidente de 1999 a 2003. Foi elixido senador pola provincia da Coruña nas Xerais de 2008, sendo reelixido en 2011, 2015 e 2016, ata a súa retirada das listas en 2019.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais en Ribeira Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Alcaldes de Ribeira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Concelleiros de Ribeira Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Políticos do PP