Arturo Leyte Coello, nado en Vigo o 5 de febreiro de 1956, é un filósofo galego.

Traxectoria Estudou nas Universidades Autónoma e Central de Barcelona e na Universidade de Múnic. É catedrático de Filosofía na Universidade de Vigo. Especializouse no idealismo alemán e Heidegger e está vencellado á Comisión Schelling de Múnic. Fixo numerosas edicións en castelán de filósofos alemáns e publicou traballos centrados na hermenéutica, o idealismo, a filosofía grega e a estética. Destacan as súas obras Schelling y el origen del Idealismo alemán, Ensaios sobre Heidegger e a introdución a Identidad y diferencia. En 1994 coordinou con Helena Cortés un número de Grial sobre O pensamento mítico.

Obra en galego Ensaio Ensaios sobre Heidegger, 1995, Galaxia.

Obra en castelán Ensaio Las épocas de Schelling, 1998. Una mirada a la filosofía de Schelling, 2000. Heidegger, 2005. El arte, el terror y la muerte, 2006.

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en Galaxia

Categoría:Filósofos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1956 Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes