Joaquín Yarza Luaces, nado en Ferrol o 16 de agosto de 1936 e finado en Barcelona o 6 de marzo de 2016, foi un historiador da arte galego.

Traxectoria Fillo de Joaquín Yarza Ormazábal e de Carmen Luaces Grandal, naceu en Ferrol en 1936. Tras formarse na Universidade Complutense de Madrid, converteuse en profesor da Universidade de Barcelona e despois catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona, onde desenvolveu un longo labor como docente. Medievalista eminente, dedicouse ao estudo da miniatura medieval e renacentista. Estudoso de Gil de Siloé, foi un dos teóricos da personalidade do escultor Alejo de Vahía.

Dirixiu o catálogo de escultura e pintura medieval do Museu Frederic Marès de Barcelona (1991). Entre os seus traballos destaca o estudo feito en 1996 do Libro de horas da raíña María de Navarra, obra do pintor catalán Ferrer Bassa, o que o levou a dubidar por comparación estilística sobre a autoría dos murais do Mosteiro de Pedralbes, documentados como dese autor e considerados como a súa obra magna. Tamén estudou os retablos góticos de Manresa, editando un libro destinado ao público culto pero non necesariamente especializado.

Foi comisario de diversas exposicións, así como membro da xunta de cualificación, valoración e exportación de bens do Patrimonio Histórico Español do Ministerio de Cultura de España, e foi encargado da xunta homónima da Generalitat de Cataluña.

Obra Arte y arquitectura en España 500-1250 (1979). Retaules gòtics de la Seu de Manresa (1993).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Obres no catálogo colectivo das Universidades de Cataluny .

Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Medievalistas Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid