Benito Blanco-Rajoy Espada, nado na Coruña o 12 de abril de 1891 e finado na mesma cidade o 29 de setembro de 1968,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 1-10-1968, p. 14. foi un político galego.

Traxectoria miniatura|300px|Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936. Fillo do senador e deputado Ramón Blanco-Rajoy Poyán. Licenciouse en dereito en 1911 na Universidade de Santiago de Compostela, e doutorouse en 1913 na Universidade de Madrid. Ingresou nese mesmo 1913 no Corpo de Avogados do Estado por oposición. Iniciou en 1919 a súa carreira política ao ser elixido deputado polo distrito de Corcubión coa etiqueta do Partido Conservador datista, resultando reelixido en 1920 e 1923, aínda que xa adscrito ao maurismo. Nas Cortes Españolas destacou pola súa participación no debate da reforma do Código de Comercio. En 1921 asumiu o posto de director xeral dos Rexistros e do Notariado.

Durante a Segunda República Española continuou coa súa actividade política, foi deputado independente nas Cortes de 1931 e pola CEDA nas de 1933 e 1936. Foi decano honorario do Colexio Provincial de Avogados da Coruña de 1930 a 1959.

Galardóns Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort (1955).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Avogados da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do Partido Conservador (España) Categoría:Políticos da CEDA