SYR6: Koncertas Stan Brakhage Prisiminimui é un EP da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth. Trátase do sexto traballo dunha serie de edicións experimentais feitas polo propio sela da banda, SYR. O álbum é unha gravación ao vivo feita en abril do 2003 nun concerto benéfico polo Anthology Film Archives.
SYR6 continúa a tradición da serie SYR de escribir o libreto en distintas linguas, neste caso en lituano. O título e o libreto foi traducido a esta lingua polo cineasta Jonas Mekas.
É a primeira edición da serie SYR que non foi lanzada en vinilo.
Listaxe de cancións "Heady Jam #1" – 24:16 "Heady Jam #2" – 14:13 "Heady Jam #3" – 27:02
Categoría:EPs musicais de 2005