A Arnosa é un lugar da parroquia de Vilalonga do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo datos do IGE, tiña 129 habitantes no ano 2025, dos que 67 eran mulleres e 62 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2016, cando tiña 142 veciños, e 2009, cando eran 159.

Constitúe, xunto cos lugares lindeiros de Rouxique e A Fianteira, unha boa zona para a observación de aves acuáticas nas distintas lagoas artificiais creadas trala extracción de arxila con destino ás telleiras e fábricas de ladrillos existentes nesta zona. Pola rica avifauna da zona, forma parte do Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Lugares e parroquias Lugares de Vilalonga

Parroquias de Sanxenxo

Véxase tamén Lugares de Sanxenxo

Arnosa